AS COTAS DE SOCIOS APROBADAS POLA ASEMBLEA DO 30 DE XANEIRO DE 2010, MANTÉÑENSE UN ANO MÁIS CONXELADAS.
• Cota social
Decidiuse manter a mesma cota social.
A cota social para 2012 non será incrementada, aplicándose 60 euros do mesmo xeito que en 2010, para os «socios de número».
• Socios colaboradores
A reforma aprobada dos estatutos recolle unha nova forma de afiliación que son os «socios colaboradores», destinada aos estudantes con interese na xestión deportiva. Estes socios abonarán unha cota anual de 20 euros en 2010, que se mantén en 2012.
• Cota de socio «en paro»
Os socios que se atopen na circunstancia de paro laboral, beneficiaranse dunha cota anual bonificada de 30 euros a partir de 2012.
• Cota única COLEF-AGAXEDE
Formalizarase un acordo co COLEF de Galicia para establecer unha cota social única para quen formen parte de ambas as entidades e que se aplicará no exercizo de 2012.
|