Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

28 de novembro: Foro sobre Saúde, Actividade Física e Alimentación

ver las estadisticas del contenido

O próximo luns 28 de novembro celebrarase o Foro sobre Saúde, Actividade Física e Alimentación, organizado polo Grupo Correo Galego, en horario de 9:30 a 14:00), no Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela).
 
A continuación podes ler unha breve descrición da xornada:
 
O Hotel Monumento San Francisco en Santiago acollerá o vindeiro luns 28 de novembro un foro sobre saúde, actividade física e alimentación, que promove un estilo de vida saudable. O programa está organizado polo Grupo Correo Galego e conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración de Gadis, Balneraio de Mondaríz, o Multiusos de Sar, o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia.
 
O foro prevé unha intensa xornada de charlas e conferencias nas que se debaterán sobre os hábitos de vida saudables, que serán inauguradas polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, quen tamén ofrecerá o relatorio titulado «Galicia saudable, o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física».
 
No foro intervirán profesionais sanitarios como o cardiólogo José Ramón González Juanatey; e o presidente da Sociedade Española para o estudo da Obesidade, Felipe Casanueva. O foro completarase cunha mesa redonda na que participarán, entre outros expertos, o adestrador do Blusens Monbús Obradoiro da liga ACB, Moncho Fernández.

Baixar programa en PDF aquí.

25/11/2011 ir arriba