|
Anúnciase a convocatoria do IV CONGRESO GALEGO DE XESTIÓN DEPORTIVA que se celebrará en Lugo, os días 23 e 24 de marzo de 2012.
A organización púxose en marcha o día 20 de decembro coa reunión de Eduardo Branco e José Garrote, Presidente e Vicepresidente 1º de AGAXEDE, con Antonio Veiga, Vicepresidente 1º da Deputación de Lugo e José Manuel Díaz, Concelleira de deportes.
.jpg) .jpg)
O mesmo día, Eduardo Branco e José Garrote foron recibidos por José López Orozco, Alcalde de Lugo, ao que presentaron o borrador de organización e programa do congreso.
Informarase periodicamente de todo o que vaia acontecendo sobre a preparación e desenvolvemento do congreso de AGAXEDE na súa cuarta edición.
|