|
O Concello de Pontevedra, o Vicerreitorado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, o Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña e Sportis - Formación Deportiva, organizan o IV Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física - VIII Seminario Nacional de Nutrición, Medicamento e Rendemento, para os próximos días 10, 11 e 12 de maio do 2012 en Pontevedra. E conta co apoio de numerosas institucións
Está dirixido aos investigadores, docentes e universitarios das Ciencias do Deporte.
O pasado ano participaron máis de 400 profesionais das Ciencias do Deporte e a Educación Física, contando con 200 traballos de investigación presentados en formato comunicación e póster.
Todos os participantes poden presentar os seus traballos de investigación en formato póster, comunicación ou póster virtual (modalidade creada o pasado ano neste congreso). O prazo para o envío dos mesmos finaliza o próximo día 3 de abril. Todos os traballos aceptados publicaranse nun CD de actas que se distribuirá posteriormente por todo o mundo a través da Editorial ALTORENDIMIENTO. Ademais existen premios económicos aos mellores traballos e os 10 mellores poderán ser publicados na Revista RETOS.
Do mesmo xeito que o pasado ano o congreso pode realizarse de forma presencial ou na modalidade a distancia. A organización dispón dunha gran oferta de aloxamento, sendo o máis económico de 6 euros/noite (Residencia Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra).
Máis información do evento en www.congresodeporte.com
Baixar triptico en PDF aquí.
.jpg)
|