Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Lección Inaugural da Facultade do Deporte e a Educación Física.

ver las estadisticas del contenido

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, da UDC, fixo público o anuncio da «I Conferencia J.L. Salvador -Salva-» que servirá tamén como Lección Inaugural do Curso 2011-2012. Esta primeira cita dunhas conferencias que levarán o nome do finado profesor -e membro de AGAXEDE- José Luis Salvador ('Salva'), traerá ao filólogo gaditano Jenaro Talens que disertará sobre «Deporte: ética y estética». Este acto enmárcase dentro do 25 Aniversario do INEF Galicia.

CITA: 6 de Outubro, ás 12:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (UDC).

JENARO TALENS é Doutor en Filoloxía Románica e profesor en distintas universidades europeas e norteamericanas, na actualidade ocupa cátedra na Universidade de Xenebra. Autor dunha ducia de libros de ensaio, traduciu, entre outros, a Samuel Beckett, Shakespeare, Wallace Stevens, Friedrich Hölderlin, Novalis, Hermann Hesse, Rainer Maria Rilke, Ezra Pound e aos expresionistas alemáns. Membro destacado da xeración de 1970, a súa poesía reflexiona sobre as relacións entre o texto poético e a realidade, entre o suxeito e a produción do seu discurso. A partir de «Tabula rasa» (1985), prodúcese un cambio nos seus tons, pois a implicación do eu e da vivencia comezan a formar parte da súa poética.

28/09/2011 ir arriba