|
Do 24 ao 26 de Novembro de 2011, no Centro Cultural «La Almona», en Dos Hermanas (Sevilla), celebrarase o «VI Congreso Nacional de Deporte en Edad Escolar», organizado polo Concello e o Patronato Municipal de Deportes desta localidade sevillana.
A sexta edición deste Congreso, coa temática «Deporte y Naturaleza», quere prolongar este foro de análise, reflexión e debate sobre o deporte en idade escolar, e ofrecer unha visión dos últimos estudos que se realizan neste ámbito, coa clara intención de avanzar cara a propostas e orientacións.
Temática que tentará dar resposta á demanda de docentes, investigadores, estudiosos e analistas do deporte en idade escolar, pois as actividades no medio natural sexan cales fosen pasaron de ser practicadas por grupos minoritarios, a introducirse en distintos grupos sociais como forma de ocupación activa do lecer e tempo libre e, por outra banda, é unha realidade que na actualidade conforman modalidades deportivas, prácticas físico-deportivas emerxentes.
Máis información na propia web do congreso.
|