|
O COLEF Galicia está a organizar a "Xornada Interprofesional Deporte e Saúde: un espazo profesional en xogo" para o vindeiro 14 de decembro no salón de actos do INEF Galicia (Bastiagueiro, 16:00 a 20:00 h.), na que trataremos o estudo das diferentes competencias profesionais no sector do Deporte e a Saúde.

Seguindo o enfoque transversal das Directrices de Actividade Física da Unión Europea (2008), non só contaremos cos profesionais do deporte senón que tamén participarán representantes das profesións con algún tipo de competencia neste sector: dietistas e nutricionistas, enfermeiros, fisioterapeutas, e médicos.
ASISTE!! A inscrición é gratuíta e o aforo limitado.
Máis información
|