|
A Asociación Española de Dereito Deportivo (AEDD) infórmanos da celebración, os días 29 e 30 de novembro, dunhas interesantes Xornadas sobre "deportistas de alto nivel e mercado de traballo", patrocinadas pola Fundación do Tenis Español e que terán lugar na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, dirixidas por Eduardo Gamero Casado e Santiago Prados Prados.
Baixar información (en PDF) aquí.
Por outra banda, tamén nos informan da creación da Asociación Vasca de Dereito Deportivo, presidida por Santiago Merino e cuxa presentación terá lugar o próximo 16 de novembro, no Salón de actos do Colexio de Avogados de Bilbao, cunha conferencia-coloquio sobre "O dereito deportivo como especialidade".
Baixar información (en PDF) aquí.
|