|
O martes, día 13 de abril, Eduardo Blanco en calidade de presidente de AGAXEDE, foi recibido na Deputación de Ourense polo seu presidente, José Luís Baltar que estaba acompañado por Francisco Cacharro, secretario xeral do devandito organismo provincial. A reunión tiña como obxecto solicitar a colaboración desta institución para o lanzamento da OFICINA DE INFORMACIÓN E ASISTENCIA AO XESTOR DEPORTIVO, que constitúe o proxecto estrela de AGAXEDE. José Luís Baltar manifestou o apoio da Deputación de Ourense ao proxecto que se materializará mediante unha subvención en 2010 e a firma dun convenio para o exercizo de 2011, contribuíndo ao sostemento desta oficina cuxa finalidade consiste en prestar un servizo aos xestores deportivos galegos do sector público e privado. Debe resaltarse que AGAXEDE vén colaborando estreitamente desde 2008, nos plans de formación do Servizo de Deportes da Deputación de Ourense que dirixe Ángel Cid, tendo acordado que o III CONGRESO GALEGO DE XESTIÓN DEPORTIVA celebrarase no último trimestre do ano 2010, na "Cidade das Burgas".

|