|
No COLEF Galicia estamos ao día.... consulta as novas da nosa web...
GALICIA SAUDABLE: PARTICIPA DO SEU PLAN DIRECTOR (15/11/11)
Logo de que a Comisión Interpantamental da Xunta de Galicia e o Comité de Expertos realizaran as súas achegas ao Plan Director, ábrese agora a fase de participación a través das entidades e o tecido asociativo galego.
Tanto o documento como o o formulario para o envío de achegas e suxestións, poden ser descargados no seguinte enlace.
Máis información
XORNADAS DE SPORTIS SOBRE O ADESTRAMENTO DEPORTIVO EN IDADE ESCOLAR (15/11/11)
Os días 18, 19, 25 e 26 de novembro celebranse na Coruña as I Xornadas técnicas sobre a programación e pedagoxía do adestramento deportivo en idade escolar, organizadas por Sportis. A acción formativa conta con 2 créditos de libre elección da UDC, e coa homologación por parte de la Consellería de Educación.
Vicente Gambau abrirá as Xornadas, en representación do COLEF Galicia, coa conferencia "Actualidade e futuro das profesións do deporte". A inscrición remata o mércores 16 de novembro, contando a colexiación cun interesante desconto.
Máis información
CELEBRADO CON ÉXITO O CURSO DE SEGURIDADE (14/11/11)
O curso Seguridade na aula de EF e en instalacións deportivas desenvolveuse en Pontevedra segundo o programa previsto e cumprindo os obxectivos formativos marcados.
Podes acceder á documentación utilizada polos docentes, así como á nota de prensa do evento, no seguinte enlace.
Formación COLEF Galicia
ELECCIÓNS 2011: PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS (14/11/11)
Non tendo sido realizada reclamación ou impugnación algunha, o pasado venres procedeuse á proclamación dos candidatos ás Eleccións para prover os cargos da Xunta de Goberno do COLEF Galicia, a celebrar o vindeiro 17 de decembro.
Candidaturas
Podes consultar as últimas actualizacións das seguintes seccións da web:
Emprego Formación Bolsas e premios Boletíns oficiais
REGULACIÓN DAS PROFESIÓNS DO DEPORTE: PRESENTE E FUTURO (11/11/11)
Juan Antonio Landaberea, Asesor xurídico do Consello Xeral de COLEF CAFD e autor do texto da lei que regula o exercicio profesional en Cataluña, ven de publicar este interesante artigo en "DDxt-e. Revista Andaluza de Documentación del Deporte".
"Presente y futuro de la regulación de las profesiones del deporte"
EDUCACIÓN FÍSICA: MANTENSE A ESPECIALIDADE NO CORPO DE MESTRES (10/11/11)
O Ministerio de Educación publicou no BOE do pasado 9 de novembro o Real Decreto polo que se establecen as especialidades docentes do Corpo de Mestres de Educación Infantil e Primaria.
Como punto importante da norma, tanto para a sociedade como para o noso colectivo profesional, destaca o mantemento da especialidade de Educación Física, a pesares da súa extinción nas facultades de ciencias da educación.
RD 1594/2011
|