Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

AGAXEDE brindou con viño polo novo ano 2012

O Alcalde de Oleiros acompañounos no noso singular Fin de Ano.

O 19 de decembro celebrouse na nosa sede o Seminario organizado para analizar e debater o proxecto de Lei galega do Deporte e a última  Xunta Directiva de 2011. Finalizada a xunta, os socios e demais invitados que se achegaron pola sede, degustaron un MERKUN, delicioso viño procedente da zona portuguesa de Tràs-os-Montes, agasallo de Chimi, amigo e colaborador de AGAXEDE e que se acompañou dun «pata negra», xamón dun padal exquisito, obsequio doutro bo amigo como é Fernando Souto que preparou «cortou» Niní, membro da xunta directiva.

Aínda que a «Casa do Deporte», edificio cedido polo Concello de Oleiros e rehabilitado por AGAXEDE, non ten amplos salóns, desde as 20 horas até as 23.30 horas do día 19, máis de cincuenta socios e colaboradores de AGAXEDE, entre os que se atopaba o Alcalde de Oleiros, o noso alcalde «Gelo», achegáronse pola sede e brindaron cunha copa de viño polo Novo Ano 2012.

                

ir arriba