|
Patricia Pérez, Secretaria Xeral de AGAXEDE, fixo pública a convocatoria da Xunta Directiva da asociación para o día 10 de Marzo, na Sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela). A hora da reunión será 18:30 h. en 1ª convocatoria e 19:00 h. en 2ª convocatoria. E a orde do día será:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Informe do presidente.
3. Constitución do Comité Executivo e delegación de funcións.
4. Atribución de funcións a vogais.
5. Designación de delegados territoriais.
6. Informe das comisións.
7. Rogos e preguntas.
|