Miércoles - 08.Febrero.2012

logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Curso Avanzado en Marketing & Management do Surf. DERRADEIRO DÍA!!

A Facultade de CC. Empresariais da Mondragon Unibertsitatea e a Escola Vasca do Deporte, ofertarán durante curso académico 2009/10 o Curso Avanzado en Marketing & Management do Surf e deportes de deslizamento. Este título proprio de posgrao é o primeiro curso do ámbito universitario destinado a formar profesionais para a industria do Surf e outros deportes como deslizamento como o esquí, snowboard e skate.

Composto de 9 módulos totalizando 175 horas de formación, ha ser impartido de outubro de 2009 a maio de 2010, no Campus de Bidasoa, Irun. Cobre un amplo espectro de contidos teórico-prácticos, contando coa presenza de expertos internacionais en marketing e profesionais do sector do Surf. Realizaranse visitas a eventos deportivos de primer nivel mundial, a fábricas produtoras de material e centros de innovación e desenvolvemento de produtos. Alén diso, a fin de artellar pontes que faciliten o acceso ao mercado de traballo dos estudantes, eles terán a oportunidade de desenvolver un proxecto final en empresas coligadas ao universo do deslizamento.

O período de inscricións permanecerá aberto até o 10 de xullo de 2009. Os interesados poden facer a súa pre-inscrición cubrindo o seguinte formulario e enviándoo por e-mail a: kiroleskola@ej-gv.es

Máis información sobre o curso aquí.

ir arriba