Viernes - 30.Julio.2010

banner do patrocinador
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
Noticias
Actualidade Actualidade
Novas publicacións
Prensa Prensa
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Curso básico para xestores de instalacións e servizos deportivos en pequenos municipios

recomendar  contenido a un amigo

A Deputación de Ourense, coa colaboración do seu Servizo de Formación Continua e a Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), organiza un curso sobre xestión deportiva en pequenos municipios para outubro e novembro deste ano.

DATOS DO CURSO

O título do curso é "Curso Básico para xestores de instalacións e servizos deportivos de pequenos municipios".

As datas son: 30 e 31 de outubro, e 6, 7, 13 e 14 de novembro de 2009. O horario: venres de 10:00-14:00 e de 16:00-20:00 h.; sábados de 10,00-14,00 h.

O lugar de celebración é o Centro Cultural "Deputación Ourense". Rúa Progreso, 30. Ourense.

O curso vai dirixido a xestores deportivos e persoas interesadas no seu contido temático.

O obxectivo deste curso básico e introducir e reforzar coñecementos da xestión e administración de instalacións e servizos deportivos, para aquelas persoas que deselvolven o seu traballo en pequenos municipios. En definitiva, trátase de profesionalizar e especializar os encargados da xestión deportiva municipal para rendibilizar o máximo, as nosas instalacións e os nosos servizos deportivos.

Impartiranse intensas sesións teóricas que finalizan coa participación dos alumnos en obradoiros de traballo por grupos supervisados e orientados polo profesorado do Curso.

COTAS DE INSCRICIÓN

 

200 euros asistentes en xeral
150 euros asistentes de concellos galegos
75 euros alumnos cursando ensinanzas oficiais recoñecidas e relacionadas coa actividade física e o deporte
50 euros socios de AGAXEDE
gratuíto asistentes de concellos da provincia de Ourense procedentes do programa de Formación Continua da Deputación de Ourense [ Acción Formativa nº 42 do Plan 2009, baixar información en PDF ]

 

Prazas limitadas!!!

Data límite inscrición programa de Formación Continua Deputacion: 26 de outubro de 2009.

Data límite inscrición prazas Servizo Deportes: 28 de outubro de 2009.

MÁIS INFORMACIÓN

Teléfono:  988 247 021

Web: http://www.clinicourense.com/xestion-deporte-municipal/

Formulario de pre-inscricion aquí

Descarga PDF co programa das xornadas aquí 

ir arriba