|
Publicamos o comunicado do COLEF Galicia lembrando o prazo para presentar candidaturas para as Eleccións de cargos direcctivos desta institución.
Estimada/o compañeira/o,
Dende o COLEF Galicia queremos lembrarche que este sábado 29 de outubro remata o prazo de presentación de candidaturas para o proceso electoral do vindeiro 17 de decembro.
Se estás interesada/o en formar parte da Xunta de goberno e aportar a túa experiencia, coñecemento e traballo, NON O DUBIDES.... MÁNDANOS A TÚA CANDIDATURA:
1.- Individual para un cargo determinado: Envíaa nun correo electrónico facendo constar o teu nome, apelidos e cargo da candidatura ao que optas.
2.- Conxunta: Especificando o nome dos candidatos e os cargos correspondentes.
A continuación recollemos os diferentes cargos e requisitos necesarios para acceder a eles.
|
CARGO
|
REQUISITOS
|
MANDATO
|
|
Presidencia
|
3 anos consecutivos como Colexiada/o exercente
|
4 anos
|
|
Vicepresidencia
|
2 anos consecutivos como Colexiada/o exercente
|
|
Secretaría
|
|
Tesourería
|
|
Vicesecretaría
|
Colexiada/o
|
|
Vogalía por A Coruña
|
|
Vogalía por Lugo
|
|
Vogalía por Ourense
|
|
Vogalía por Pontevedra
|
Dende o 30 de outubro ata o 3 de novembro realizarase a exposición das candidaturas no taboleiro de anuncios do Colexio, co fin de que todos os colexiados poidan formular reclamacións ou impugnacións.
Esperamos a túa candidatura e recibe un cordial saúdo,
COLEF Galicia
R/ Fernando III O Santo 32, baixo. Despacho 11 B.
15701 Santiago de Compostela.
Tfno.: 981 553 363 – Fax: 981 553 997
www.colefgalicia.com – colef@colefgalicia.com
|