|
O coordinador do Master Master Oficial Interuniversitario DIP, Óscar García Gacía, informa desde a Universidade de Vigo que xa está en marcha a 2º edición do Master Oficial Interuniversitario en Dirección Integrada de Proyectos, do que unha das especialidades é Ocio y Deporte, para a que se admiten 8 prazas para Licenciados en Ciencias do Deporte e a Actividade Física.
Obxectivo do Master
O "Project Manager" é un profesional quen de asesorar a: promotores, empresas, sponsors, etc., na elaboración de proxectos e operacións diversas, xestionalos, dirixir e coordinar aos axentes. Un labor que fará desde a concepción do proxecto até a entrega do produto ou servizo ao usuario, cumprindo coas exixencias do cliente, de maneira que a operación remate a tempo, de acordo cos custos autorizados e respectando os niveis de calidade establecidos. Dentro do Programa de posgraos universitarios que impartimos, a máis alta especialización aplicada ao deseño, a xerencia e o control do proxecto é o Máster en Dirección Integrada de Proyectos.
Máis información aquí.
Baixar tríptico da Espacialidade Ocio y Deporte aquí.

|