|
Os días 3, 4 e 5 de xuño tivo lugar en Mahón o I CONGRESO DE TURISMO Y DEPORTE HACIA LA SOSTENIBILIDAD, adicado a analizar as intensas relacións do deporte e o turismo, e en concreto o produto de turismo activo, exposto desde a perspectiva do respecto ao medio natural e co obxectivo de presentar e debater a aplicación de criterios sustentables que garantan as condicións de futuro deste sector que se viu enriquecido con este produto en concreto.
Ningún marco podía ser máis axeitado que a illa de Menorca, na súa condición de reserva da biosfera, para a realización deste importante evento que se celebrou no Salón de Actos do Consell Insular de Menorca, situado na praza da Biosfera de Mahón e que contou coa participación de destacados profesionais das materias presentadas nos catro bloques de traballo que se desenvolveron durante as xornadas, cun alto nivel na elaboración e exposición dos relatorios expostos.
Ademais das actividades propias do congreso celebráronse outros dous encontros: a reunión da comisión técnica de deportes da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a reunión da xunta directiva da Federación de Asociacións de Xestores do Deporte de España (FAGDE).
Así mesmo os asistentes tiveron a ocasión de coñecer e gozar dos encantos naturais, culturais e históricos da illa de Menorca durante unha das actividades turísticas programadas no contexto do congreso.
O congreso contou cun total de 19 relatores invitados, entre os que destacan Joan Xastre, Director xeral de promoción turística do Govern de lles Illes Balears, Josep Lliteras Vidal, Director xeral de calidade ambiental do Govern de lles Illes Balears, Baldomero Oliver Acosta, Executivo de Mocidade e Deportes de Palma e presidente do Institut Municipal de l'Esport e Enrique Lizalde, Coordinador de proxectos do CSD e membro da Comisión de Medio Ambiente do COE.
(Baixar a memoria completa do Congreso, en formato PDF, aquí)

|