Martes - 22.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

INAUGURADA A NOVA SEDE DE AGAXEDE

O pasado 11 de febreiro foi oficialmente inaugurada a Casa do Deporte do Concello de Oleiros, nova sede da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) e da AEDPT.

O evento contou coa presencia do conselleiro da presidencia, don José Luis Méndez Romeu, o alcalde de Oleiros, don Ángel García Seoane, o presidente de AGAXEDE, don Eduardo Blanco Pereira, concelleiras e concelleiros de Oleiros, así como diversos profesionais da xestión deportiva.

O edificio propiedade do Concello de Oleiros (A Coruña), sito entre a rúa Juncal e Darwin, que no Inventario de Bens Inmobles do concello figura co  nome 430009 – CASA XUVENTUDE. PROYECTO DE COMPEN.U.A.10, foi cedido pola Alcaldía de Oleiros a entidade AGAXEDE, e a Asociación Española de Deporte Para Todos (AEDPT), rexistrada no Consejo Superior de Deportes.

Este edificio municipal, ademáis de sede social destas entidades, convirtirase na CASA DO DEPORTE, concebida como punto de información xeral de carácter deportivo aos veciños do concello de Oleiros, o mesmo tempo que albergará a infraestructura e recursos humáns para o funcionamiento da oficina de información e asistencia no ámbito da xestión deportiva. Non se pode esquecer que a proximidade da Facultade de Ciencias do Deporte e a E.F. da Universidade da Coruña permite o inicio dunha colaboración que axudará a mellorar a formación dos estudantes con inquedanzas e interés na xestión deportiva.

A posta en marcha da CASA DO DEPORTE en Santa Cristina (Oleiros), faise cun espíritu de servizo público para axudar a os xestores deportivos galegos a mellorar o seu desempeño profesional, sobretodo aos mais necesitados que son os técnicos de pequenos e medianos concellos e aos dirixentes de modestas asociacións e clubes deportivos. Tamén supón un beneficio para o concello, os veciños e as entidades, asociacións e clubes deportivos desta localidade, ademais da influencia positiva na imaxe de Oleiros ao convertirse en sede de dúas entidades que teñen prestixio social e un peso específico no sistema deportivo de ámbito estatal e galego.

ir arriba