Miércoles - 10.Marzo.2010

banner do patrocinador
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
Noticias
Actualidade Actualidade
Prensa Prensa
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Máster en «Actividad física y salud», de Postgrados AFS e a UDC.

recomendar  contenido a un amigo

Postgrados AFS, en colaboración coa Universidade da Coruña, presenta cursos online co obxectivo de impulsar o desenvolvemento profesional, científico e técnico dos diplomados e titulados superiores, ofrecendo resposta á formación que reclaman os mozos licenciados e os profesionais que xa teñen algunha experiencia no mundo laboral.

O Máster en «Actividad física y salud» e os Cursos de Especialización en «Promoción de actividad física saludable» e en «Prescripción de ejercicio físico en patologías», títulos propios da Universidade da Coruña, pretenden:

1. Mellorar a calidade de vida dos cidadáns, incorporando profesionais competentes para promocionar estilos de vida máis activos e prescribir o exercizo adecuado en cada persoa, sa ou enferma, de forma individual ou colectiva, con obxectivos de rehabilitación física e de integración social.

2. Formar  ás persoas interesadas no ámbito da actividade física e a saúde, para que adquiran coñecementos, recursos e destrezas que lles permitan intervir avaliando, promocionando, asesorando, deseñando e/ou implementando programas de actividade física, facilitando a súa incorporación profesional en áreas consideradas como novos xacementos de emprego.

Proponse un curso en «Promoción de actividad física saludable» porque, afortunadamente, hoxe xa se ten suficiente coñecemento científico sobre os beneficios dunha práctica correcta e regular de actividade física e non sería eticamente aceptable demorar a adopción de medidas  para combater o sedentarismo da poboación. Si aparcamos o debate sobre a conveniencia ou non de ser fisicamente activos, poderemos dedicar os esforzos á promoción dunha maior práctica de actividade física de calidade.

Formar aos alumnos para que fagan unha correcta «Prescripción de ejercicio físico en patologías» permitirá que as persoas enfermas dispoñan do consello profesional necesario para exercitarse de modo que poidan alcanzar os máximos beneficios e corran os mínimos riscos. Ao mesmo tempo, fará que, como profesionais, aborden con máis seguridade e competencia un ámbito laboral en constante crecemento.

Durante os estudos, os alumnos terán acceso a unha documentación científica, pertinente e actualizada e, ademais, poder analizar e reflexionar sobre diferentes aspectos de interese acerca da actividade física orientada á saúde con profesionais de recoñecido prestixio, garantindo a adquisición dos coñecementos e competencias necesarias.

Está aberto o prazo de preinscripción no Máster de «Actividad física y salud» y no Curso de especialización en «Promoción de actividad física saludable» hasta el 15 de Enero de 2010.

Máis información en https://postgradosafs.org/

ir arriba