|
A Dirección Xeral para o Deporte promove "Mesas redondas sobre o impacto da futura lei das profesións do deporte en Galicia."
[11/11/2008] A Dirección Xeral para o Deporte, en colaboración co Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (COLEF- Galicia) e a Fundación Deporte Galego desenvolven unha nova actividade formativa encamiñada a mellorar o Deporte Galego a todos os niveis, cunha proposta de 6 mesas redondas a realizar na xeografía galega destinadas a analizar e debater o "Impacto da lei das profesións do deporte en Galicia" coa intención de satisfacer as necesidades básicas de información e formación dos profesionais do deporte en materia de regulación laboral.
Obxectivos
- Analizar e debater a situación actual das profesións do deporte.
- nformar e orientar aos profesionais do deporte sobre a futura lei das profesións do deporte, as figuras profesionais e as responsabilidades das mesmas.
Destinatarios e prazas
Todos aqueles interesados implicados no sector deportivo galego, e relacionados directamente: directivos, xestores, estudantes, profesores, adestradores deportivos, colexiados do COLEF Galicia, asociados de AGAXEDE, outros.
LUGARES DE CELEBRACIÓN HORARIO DE 19:00 A 22:00 HORAS
- 0/11/2008; Ourense (Servizo de Deportes, Avda. Da Habana 79, 4º)
- 21/11/2008; Lugo (Edificio Multiusos, Ronda da Muralla, 70 - 1º)
- 11/12/2008; A Coruña (Facultade de Ciencias da Educación Física e o Deporte, Oleiros).
- 12/12/2008; Santiago (Estadio Multiusos San Lázaro, Porta 4)
- 5/01/2009; Pontevedra (Centro G. Tecnificación Deportiva, Padre Fernando Olmedo, 3)
- 16/01/2009; Vigo (Casa do Deporte, r/ Luis Ksado 17)
|