Miércoles - 08.Febrero.2012

logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Nace a Alianza Intercontinental de Xestión do Deporte (AIGD)

Despois da reunión de Guimarães (xuño de 2009) ficou para discusión a definición da misión da «Aliança Intercontinental de Gestão do Desporto» e seus obxectivos. Durante varios meses a organización recibiu contribucións. Agora xa podemos atopar os textos finais no sitio web www.mundoaigd.wordpress.com

Un dos obxectivos é a constitución oficial da AIGD durante o XIII Congreso de Ciencias do Deporte e Educación Física dos Países de Lingua Portuguesa, a ter lugar entre os días 30 de marzo e 2 de abril de 2010, en Maputo, Mozambique.

A Asociación Mozambicana de Xestión do Deporte ten preparado un momento especial para o arranque oficial da AIGD e que faculte que a todos os interesados neste proxecto a sinatura dunha Declaración de Principios e a creación dun grupo de fundadores, que permita o establecemento dunha lóxica de funcionamento, que ao inicio se pretende sexa o menos formal e burocrática posíbel. 

Maria José Carvalho elaborou unha primeira versión desta declaración, que vimos agora colocar á discusión de todos os interesados durante os próximos quince días.

Tras este prazo presentarase o resultado de todas as contribucións e será ese produto final o que será asinado en Maputo por todos aqueles que de maneira presencial ou de forma expresa demostrasen ganas de pertencer a este grupo de fundadores.

Sabemos desde xa que estarán presentes un número interesante de xestores de diversos países de Lingua Portuguesa e Española, por iso mantemos a esperanza dun momento de gran relevancia para a AIGD.

Baixar a Declaración de Principios en PDF aquí.

 

ir arriba