|
O pasado 7 de xuño, coincidindo coa celebración do «I Congreso Gestión del Deporte» en Cantabria, tivo lugar unha das reunións anuais da Xunta Directiva de FAGDE.
No devandito encontro volvéronse tocar temas pendentes como a celebración do «I Congreso Nacional de Gestores del Deporte», que se dificulta cada vez máis nos tempos de cambios que corren.
De especial relevancia foi a adscrición formal á FAGDE por parte da «Asociación de Gestores del Deporte de Castilla y León», que estiveron representados por varios dos seus integrantes co seu Presidente Rafael Aceves Ballesteros á cabeza.
Por último, fíxose público o acordo marco pechado coa Fundación «Deporte Joven», do CSD, para promover futuras accións conxuntas, de cara ao fomento da formación deportiva en prol dunha mellor administración e xestión do sector en todo o territorio nacional.
|