Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Novas do COLEF Galicia

Dende o COLEF Galicia infórmannos das novas actualizacións da súa web e doutras de interese colexial que se poden consultar a continuación:

FORMATE!! CURSO DE SEGURIDADE EN PONTEVEDRA

O COLEF Galicia organiza o curso Seguridade na aula de EF e en instalacións deportivas os vindeiros 10 e 11 de novembro, na Facultade de CC. da Educación e do Deporte de Pontevedra.

Aplicaranse descontos especiais para a colexiación, alumnado, membros de AGAXEDE e persoas en situación de desemprego.

Máis información e inscricións

 

CONSULTA AS NOVAS ACTUALIZACIÓNS DA WEB (04/11/11)

Podes consultar as últimas actualizacións das seguintes seccións da web:

Emprego              

Formación

Bolsas e premios   

Boletíns oficiais

 

NOVA VANTAXE CORPORATIVA EN "ZENIT HOTELES" (04/11/11)

Grazas ás xestións realizadas pola Xerencia do Consello Xeral de COLEF e CAFD, a colexiación conta cun interesante desconto do 10%  para a reserva de habitacións na cadea “Zenit Hoteles”.

Máis información

Outras vantaxes coporativas

 

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA COMPROMETIDA CO COLEF GALICIA (31/10/11)

O pasado 4 de outubro o Presidente e o Xerente do COLEF Galicia reuníronse co Asesor de Deportes da deputación coruñesa, Pablo Prieto, para expoñer as problemáticas do emprego no deporte e analizar as opcións de colaboración entre as dúas entidades.

Como resultado do encontro, o Colexio presentou un informe coas súas propostas, e agardamos que se cumpra o compromiso de acometer as melloras necesarias nas próximas convocatorias de subvencións para técnicos deportivos.

Proposta do COLEF Galicia

O obxectivo principal é a contratación de titulados en CAFD para a xestión municipal, ou de TSAAFD sempre e cando exista supervisión por parte dos primeiros.

 

ELECCIÓNS 2011: EXPOSICIÓN DE CANDIDATURAS (30/10/11)

Rematado o prazo de presentación, expóñense as candidaturas presentadas coa finalidade de que as/os colexiadas/os poidan formular reclamacións ou impugnacións ata o día 3 de novembro, se o consideran oportuno.

Candidaturas presentadas

 

CURSO PARA XESTORES DEPORTIVOS DE PEQUENOS MUNICIPIOS EN OURENSE (28/10/11)

O Servizo de Deportes da Deputación de Ourense e AGAXEDE organizan o III Curso para xestores de instalacións e servizos deportivos de pequenos municipios os vindeiros 25 e 26 de novembro, e 2 e 3 de decembro.

Máis información

 

PARTICIPA DA GUÍA DE PERITOS XUDICIAIS (27/10/2011)

Como novo membro de pleno dereito da Unión Profesional de Galicia, o noso Colexio participará na edición 2012 da Guía de Peritos Xudiciais.

As persoas colexiadas interesadas en aparecer nesta guía, e ter así a opontunidade de colaborar en procesos xudiciais, poden solicitalo ata o día 7 de novembro.

Máis información

 

. . .

 

COLEF Galicia

R/ Fernando III O Santo 32, baixo. Despacho 11 B.

15701 Santiago de Compostela.

Tfno.: 981 553 363 – Fax: 981 553 997

www.colefgalicia.comcolef@colefgalicia.com

ir arriba