Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Novas ligazóns na nosa web

Engadimos dous novos «links» á nosa sección de LIGAZÓNS, relacionadas coa sostenibilidade e o medio ambiente.

Deporte Sostenible, é unha liña de actuación da ONG Green Cros España, que ten como fin vincular o mundo do deporte co Desenvolvemento Sustentable, baixo tres premisas fundamentais:
    -   O deporte require para a súa práctica a utilización de recursos naturais e o goce de servizos ambientais.
    -   O deporte pode colaborar na minimización de afeccións ambientais e o desenvolvemento de iniciativas sociais, tanto na construción e xestión de instalacións e infraestruturas deportivas como na organización de acontecementos e competicións deportivas.
    -   O deporte pode transmitir á sociedade valores de desenvolvemento sustentable grazas ao seu gran poder de difusión.

Green Cross surxiu como proxecto en 1989 durante a celebración do Global Forum for Survival of Humanity, cando Mikhail Gorbachev mencionou a idea dunha organización que ao igual do modelo da Cruz Vermella responde a urxencias médicas e sanitarias, acudise a emerxencias ecolóxicas e ofrecese solucións para problemas ecolóxicos transfronteirizos.

Dita idea foi recollida por delegados próximos a Mikhail Gorbachev do Cume da Terra de Río de Janeiro de 1992, pedíndolle que crease e lanzase dita organización. Neste sentido Green Cros foi formalmente lanzada en Kyoto o 18 de abril de 1993, grazas á xenerosidade ofrecida por Mr. Shoo Iwasaki. A través da invitación de Mikhail Gorbachev, diversas personalidades coñecidas aceptaron formar parte do Consello Director así como do Consello de Honra.

A Misión de Green Cros é axudar a buscar un futuro sustentable e seguro para todos fomentando o diálogo entre as culturas, promovendo novas formulacións de desenvolvemento, intercambiando coñecementos e experiencias entre civilizacións e inculcando novos comportamentos éticos necesarios para conseguir unha conciencia global da responsabilidade da humanidade na súa relación coa natureza e a vida.

ir arriba