Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Novidades na web do COLEF Galicia

ACTUALIZACIÓNS DA WEB (13/01/12)

Podes consultar as últimas actualizacións das seguintes seccións da web:

Emprego                      Formación

Vantaxes corporativas    Boletíns oficiais

- -

• CSD: MIGUEL CARDENAL, NOVO SECRETARIO DE ESTADO PARA O DEPORTE (13/01/12)

O Consello de Ministros nomeou hoxe a Miguel Cardenal Carro (Bilbao 1968) Secretario de Estado para o Deporte, acabando así con 3 meses de incertidume logo da renuncia en outubro do socialista Albert Soler.

Cardenal é Doutor en Dereito, e Catedrático da Universidade de Extremadura. No tocante ao deporte, é vogal do Comité de Competición da RFEF e responsable da Cátedra de Estudos e Investigación en Dereito Deportivo da "Universidad Rey Juan Carlos".

Referencia do Consello de Ministros

• FEDYS: CURSO SOBRE ADAPTACIÓNS CURRICULARES EN EDUCACIÓN FÍSICA (13/01/12)

A fundación FEDYS organiza o curso Adaptacións curriculares en EF para a diversidade funcional, que ten por finalidade compensar a falla de recursos e formación específicos do profesorado.

O evento celebraráse os vindeiros 25 de febreiro, 3 e 10 de marzo; coa colaboración do COLEF Galicia e, en consencuencia, a colexiación goza de desconto na matrícula.

Máis información

• COLEXIAD@S: SOTO CARIDE PUBLICA UN NOVO LIBRO SOBRE TAI-CHI (13/01/12)

José Ricardo Soto Caride, colexiado 8.704 do COLEF Galicia, ven de publicar recentemente o libro"Tai-Chi-Chuan y condición física funcional y saludable", baseado na súa propia tese.

Ademais de Doutor en Educación Física e Deportes, o autor conta cunha ampla formación e experiencia en Kung Fu, Wu Shu, Qi-Gong e, por suposto, Tai-Chi.

Referencia editorial

• REVISTA MÓVETE: XA PODES DESCARGAR DA WEB O ÚLTIMO NÚMERO (11/01/12)

O interesante número 5 da revista Móvete, editado en novembro de 2011 e que foi enviada aos colexiados xunto co Regalo de Nadal, xa pode ser consultado tamén a través da nosa web.

Aproveitamos para solicitar aos colexiados que informen de calquera posible problema na recepción postal do Envío de Nadal.

Revista Móvete

• TOMA DE POSESIÓN DA NOVA XUNTA DE GOBERNO DO COLEF GALICIA (09/01/12)

O pasado mércores 4 de xaneiro realizouse, nun ambiente de gran cordialidade, o acto oficial detraspaso de poderes e toma de posesión da nova Xunta de Goberno do COLEF Galicia.

A anterior Xunta de Goberno informou do estado actual do Colexio profesional, mentres que a nova directiva aproveitou para iniciar o reparto de áreas de responsabilidade entre os seus membros.

Nota de prensa

• O PLAN GALICIA SAUDABLE FOI APROBADO NO PARLAMENTO (28/12/11)

A Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia debateu eaprobou no día de onte o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física "Galicia Saudable", que foi presentado polo Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete.

Web do Parlamento

ir arriba