|
O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, anunciou onte a última hora da tarde a composición do seu Executivo, que estará formado por 13 Ministros e unha Vicepresidenta. O novo Ministro de educación, cultura e deporte será D. José Ignacio Wert, volvendo o deporte á adscrición orgánica no mencionado Ministerio tras o seu fugaz paso por Presidencia do Goberno.

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Wert foi profesor nesta institución e na Universidade Autónoma de Madrid. A súa vida profesional, tras un breve paso pola política nos anos 80, permaneceu moi vinculada á Sociología da Comunicación e o estudo da opinión pública: ocupou cargos relevantes en empresas ligadas ao sector, como Demoscopia, da que foi Director Xeneral de 1987 a 2003. Tamén foi subdirector xeral do Gabinete Técnico do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS); xefe do Servizo de Estudos de RTVE e vogal do seu Consello de Administración; e presidente da European Foundation for Quality Management (EFQM), fundación sen ánimo de lucro comprometida coa consecución da excelencia nas organizacións.
|