Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

OS MEMBROS DO COLEF GALICIA ELIXIRON O PASADO SÁBADO A SÚA NOVA XUNTA DE GOBERNO

As votacións realizáronse o pasado sábado 17 de decembro na sede do COLEF Galicia en Santiago de Compostela.

O Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) celebrou, este sábado 17 de decembro, as Eleccións para prover os cargos da súa Xunta de goberno, en Santiago de Compostela. Os votantes que non puideron asistir a exercer o seu dereito a voto de maneira presencial, fixérono mediante a opción do voto por correo.

A mesa electoral, constituída por Vicente Gambau i Pinasa (Presidente) e Roberto Barcala Furelos (Secretario), estivo aberta de 10:00 a 13:00 horas. Entre as/os colexiadas/os que se achegaron a exercer o seu dereito ao voto, destacou a presenza da maioría dos candidatos á Xunta de goberno: José Ma Pazos Couto (Presidencia), José Luis Romero Nieves (Vicepresidencia), Alejandro Freire Baluja (Secretaría), Víctor Arufe Giráldez (Tesourería), Óscar Hermida Otero (Vicesecretaría), Henrique Xoán Rodríguez Pantín (Vogalía pola Coruña) e José Ángel Lago Filgueira (Vogalía por Pontevedra). Debido a cuestións profesionais, o resto de candidatos tiveron que facer uso do voto por correo (Miriam Rivas Lozano e Enrique Fraga Germade).

Baixar noticia en formato PDF aquí.

ir arriba