Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Plan Director de Galicia Saudable

Plan Director de Galicia Saudable. Aberto o prazo de consultas ata o próximo 21 de novembro. 
 
O Plan para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable está na súa fase de participación para a elaboración definitiva do Plan Director. Ata o próximo 21 de novembro está aberto o período de consultas do documento, para que organizacións e profesionais poidan remitirnos as súas suxestións ao texto.

A Secretaría Xeral para ou Deporte articulou un proceso de participación no que xa interviu a Comisión Interdepartamental integrada por representantes de todos os departamentos da Xunta de Galicia e o Comité de Expertos do Plan Galicia Saudable , no que contamos con prestixiosos profesionais e científicos dos ámbitos da sanidade, a educación, a comunicación, a economía e o turismo, a arquitectura e o urbanismo, e a actividade física e o deporte.

Tras esta última fase da redacción participada do Plan Director e, unha vez incorporadas as achegas realizadas, redactarase a versión 03 do documento para iniciar a súa tramitación no Parlamento de Galicia. Neste trámite o documento aínda poderá ter modificacións que xurdan das emendas expostas polos diferentes grupos parlamentarios.

ir arriba