Miércoles - 08.Febrero.2012

logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

SEMINARIO DE VERÁN SOBRE XESTIÓN DEPORTIVA EN LUGO

Os días 10 e 11 de setembro terá lugar o seminario “Perspectivas actuales de la Gestión de Actividades Deportivas”, froito da colaboración entre a ACEDYR (Asociación de Clubes y Entidades Deportivas y Recreativos), que celebra as súas IV Jornadas, e a Universidade de Verán 2009 da USC. O seminario terá lugar no Club Fluvial de Lugo.

Obxectivos

As demandas da sociedade actual obrigan a unha xestión dos recursos económicos con compoñentes tecnolóxicas cada vez máis específicas e esixentes. Isto é particularmente certo no que se refire á xestión das entidades deportivas e recreativas xa que deben afrontar aspectos lexislativos, sanitarios, enerxéticos ou orzamentarios, todas elas con complexidade crecente, o que supón conseguir unha formación multidisciplinar ampla.

O obxectivo primordial do presente seminario é abordar tales cuestións desde unha óptica actual e de futuro. Para conseguilo, o seminario organízase en catro módulos, correspondendo cada un deles a unha das sesións nas que se organiza o programa, que serán os seguintes: (1) domótico-enerxética; (2) deporte e saúde, (3) lexislativo e (4) atención ao deportista.

Diploma e créditos

Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número
de horas e a asistencia. Os/as estudantes da USC recibirán, ademais o certificado dos créditos de libre configuración (1 ou 2 créditos por curso de menos de 30 horas ou de máis de 30 horas, respectivamente).

Importes de matrícula

- Xeral: 60 euros

- Reducida: 40 euros (estudantes universitarios ou de FP, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC)

Prazo de matrícula

- Por internet, a partir do 25 de maio

- Presencial, a partir do 15 de xuño

- Acaba o prazo: 28 de agosto

 

- - -

Baixar o tríptico cos datos básicos e o programa do curso aquí.

Máis información aquí.

ir arriba