|
XORNADA INTERPROFESIONAL DEPORTE E SAÚDE: UN ESPAZO PROFESIONAL EN XOGO
O COLEF Galicia está a organizar esta Xornada parao vindeiro 14 de decembro no salón de actos do INEF Galicia (Bastiagueiro, 16:00 a 20:00 horas), nas que debateremos sobre as competencias profesionais no sector do Deporte e a Saúde.
Seguindo o enfoque transversal das Directrices de Actividade Física da Unión Europea (2008), non só contaremos cos profesionais do deporte senón quetamén participarán representantes das profesións con algún tipo de competencia neste sector: dietistas e nutricionistas, enfermeiros, fisioterapeutas, e médicos. Informamosvos de que a inscrición é gratuíta e o aforo limitado.
Máis información Formulario de inscrición
XORNADA ESPECIAL DE NADAL DE AGAXEDE (07/12/11)
AGAXEDE organiza o vindeiro 19 de decembro na súa sede social unha Xornada Especial de Nadal, na que se celebrarán os seguintes eventos:
- 17:00 Seminario sobre o Proxecto de Lei do Deporte (colabora o COLEF Galicia).
- 19:00 Xunta directiva (só membros).
- 20:00 Copa navideña de despedida do ano.
Máis información
CONSULTA AS ACTUALIZACIÓNS DA WEB (07/12/11)
Podes consultar as últimas actualizacións das seguintes seccións da web:
Emprego Formación
Bolsas e premios Boletíns oficiais
EN CONTRA DO TRATAMENTO DA EDUCACIÓN FÍSICA COMO MATERIA AFÍN (07/12/11)
Un ano máis, o COLEF Galicia denuncia o tratamento da Educación Física como materia afín dentro do sistema educativo galego. Esta situación, incoherente cos principios básicos de calidade e seguridade no ensino, mantense e incluso aumentan os centros que a soportan.
Nota de prensa
LEI DO DEPORTE DE GALICIA: ACHEGAS DO COLEF GALICIA AO PROXECTO (05/12/11)
O pasado venres 2 de decembro o COLEF Galicia presentou as súas 37 achegas ao texto do proxecto de Lei do Deporte de Galicia, persoalmente ao Subdirector Xeral de Deportes e por rexistro ao Secretario Xeral, cumprindo co mandato estatutario de colaborar coas administracións públicas en materia das súas competencias.
Máis información
Asemade, tamén podes consultar no enlace anterior as achegas do COLEF Galicia ao Anteproxecto que xa foron incorporadas ao texto do Proxecto de Lei.
O COLEF GALICIA PRESENTE NO FORO "SAÚDE, ACTIVIDADE FÍSICA E ALIMENTACIÓN" (29/11/11)
Vicente Gambau representou ao COLEF Galicia na Mesa de debate deste Foro organizado polo "Correo Gallego" onte en Santiago de Compostela.
O Presidente do Colexio avogou pola cualificacióncomo requisito indispensable para a intervención profesional no deporte, a necesidade decoordinación cos diferentes profesionaissanitarios, e o incremento do horario de educación física.
Nova no "Correo Gallego"
LEI DO DEPORTE DE GALICIA: ASPECTOS POSITIVOS DO PROXECTO (28/11/11)
Rematado o prazo dado á colexiación para a realización de achegas e suxestións ao Proxecto de Lei, publicamos un primeiro documento de análise dos aspectos positivos deste texto.
Aspectos positivos do Proxecto de Lei do Deporte
Máis información
En próximas datas faremos público outro documento coas propostas do COLEF Galicia para a mellora do Proxecto, e convocarase un Seminario con AGAXEDE para tratar esta norma básica para o sector.
CONVOCADOS OS PREMIOS DEPORTE GALEGO (28/11/11)
A Consellería de Presidencia publicou hoxe no DOG a Resolución, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan os Premios do Deporte Galego da tempada 2010-2011.
O prazo para a presentación de candidaturasestenderase ata o día 8 de decembro.
Máis información
ELECCIÓNS 2011: MODIFICACIÓN DE HORARIO E VOTO POR CORREO (25/11/11)
Por motivos alleos ao COLEF Galicia vímonos obrigados á modificación do horario de votacións do próximo 17 de decembro, quedando establecido finalmente de 10:00 a 13:00 horas.
Recordámosvos que tedes a opción do Voto por correo, o cal pode solicitarse ata o 12 de decembro.
Requisitos do Voto por correo
ENSINANZAS DEPORTIVAS: PUBLICADOS OS PLANS DE VARIAS MODALIDADES (23/11/11)
O CSD publicou hoxe no BOE os plans formativosdas modalidades deportivas de Boccia, Halterofilia, Pádel, Petanca, Taekwondo, e Tenis; de acordo co establecido no artigo 6 da Orde EDU/3186/2010.
Boccia Halterofilia Pádel
Petanca Taekwondo Tenis
NOVA VANTAXE CORPORATIVA NAS REVISTAS DO GRUPO "MOTORPRESS IBÉRICA" (21/11/11)
Grazas ás xestións realizadas pola Xerencia do Consello Xeral de COLEF e CAFD, a colexiación conta cun importante desconto do 30% na subscrición ás seguintes revistas do grupo editorial Motor Press Ibérica: Bike, Ciclismo a Fondo, Navegar, Oxígeno, Triatlón e Sport Life.
Máis información Outras vantaxes
PREMIO UDC DEPORTE PARA O INEF GALICIA (18/11/11)
O INEF Galicia recibiu onte o Premio UDC Deporte, que ten por obxectivo recoñecer o traballo e o mérito deportivo da comunidade universitaria e de institucións da UDC.
O COLEF Galicia, que estivo representado no acto de entrega polo seu Presidente, reitera as súas merecidas felicitacións á Facultade por todos os recoñecementos do presente ano.
Nova
EDUCACIÓN FÍSICA: NOVOS TEMARIOS DE OPOSICIÓNS PARA PRIMARIA E SECUNDARIA (18/11/11)
O Ministerio de Educación publicou hoxe no BOE asOrdes polas que se aproban os temarios que rexerán nos procedementos de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades dos Corpos de Mestres e de Profesores de Secundaria, entre os que se atopan os de Educación Física.
Corpo de Mestres: Orde EDU/3136/2011
Corpo Profs. Secundaria: Orde EDU/3138/2011
|