Jueves - 09.Septiembre.2010

banner do patrocinador
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
Noticias
Actualidade Actualidade
Novas publicacións
Prensa Prensa
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

WWW.MUNIDEPORTE.COM, O PORTAL DE DEPORTES DA F.E.M.P

recomendar  contenido a un amigo

Munideporte.com, o Portal de Deportes da Federación Española de Municipios e Provincias (F.E.M.P), xorde como resposta á necesidade dun portal dedicado ao mundo do deporte municipal, que conta con preto de 20 millóns de usuarios e move máis de 2.000 millóns de euros cada ano. O seu público obxectivo principal son os xestores e técnicos deportivos, xunto cos profesionais do deporte en xeral.

Pero Munideporte.com é algo máis. As súas páxinas albergan todo tipo de información e documentos relacionados coa formación e o deporte como lecer e saúde. 

Deportistas é a revista que nace como complemento ao Portal en soporte tradicional. Pretende contribuír ao lecer, saúde e demais aspectos relacionados co mundo do deporte, aínda que sen excluír o pico da pirámide, o deporte profesional. 

Dentro do Portal pódense distinguir dúas zonas claramente diferenciadas. Unha, a denominada «aberta», está destinada ao público en xeral, onde se atopan noticias, links de conexión e información destinada aos xestores deportivos. A segunda, chamada «O Club dos Técnicos», é netamente profesional. A subscrición a esta intranet é gratuíta e é o noso desexo que cada un de vostedes participe neste proxecto, aberto sempre ás suxestións e a iniciativas que desde as xentes do deporte poidan xurdir. 

Entre as vantaxes de estar asociado atópase o dispor de documentación exclusiva referente a Lexislación Deportiva, Regulamentos Deportivos, Bibliografía Deportiva, Relatorios, Informes, Noticias profesionais e información preferente sobre Cursos e Xornadas que se convoquen tanto no territorio nacional como no estranxeiro. Semanalmente recíbese un Boletín Informativo con valiosa información, que permite a conexión interactiva entre os seus usuarios para intercambio de información e o establecemento de consultas. 

Munideporte.com quere convidarlle a pertencer a este exclusivo Club (queremos insistir na súa gratuidade) que lle permitirá acceder a todas as vantaxes mencionadas, pedíndolle a súa participación activa en enquisas, suxestións e achega de información. Nestes momentos xa somos preto de 6.000 as persoas que gozamos dos seus servizos. 

Se desexa obter máis información sobre o Portal introdúzase en www.munideporte.com, onde poderá inscribirse no momento.

ir arriba