A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña entende o apoio as entidades da cidade como unha labor estructurada en diferentes niveis.
En primeiro lugar colaborando económicamente para desenvolver proxectos conxuntos de promoción deportiva, para este mesmo obxetivo do Concello cede o uso das instalacións.
Ademais destas iniciativas é preciso crear accións cunha orientación formativa que axuden a que nun futuro inmediato os servicios das entidades acaden a maior calidade posible.
Deste proceso de colaboración entre a administración pública e os clubes da cidade xurdirá o mellor dos rendementos para conseguir os resultados previstos.
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO SMD:
Solicitudes por Internet: Na páxina web municipal www.coruna.es/deportes, e nas oficinas da C.D. Riazor, C.D. A Torre, Polideportivo Barrio das Flores e teléfono de atención cidadá 010, dende o 5 de marzo ata 72 horas naturais antes do inicio de cada actividade.
PROCEDEMENTO DAS SOLICITUDES PRESENTADAS POR INTERNET:
Enche a solicitude en:
Páxina web municipal: www.coruna.es/deportes
Páxina web da Asociación Galega de Xestores Deportivos: www.agaxede.org
Oficinas Municipais: C.D. Riazor, C.D. A Torre, Pº Barrio das Flores.
Confirmación da inscripción:
Unha vez envíada/entregada a solicitude, recibirá un SMS ou un correo electrónico confirmando a súa inscrición. Cando o número de prazas solicitadas supere as ofertadas, crearase lista de espera según orde de data e hora da solicitude. Recibirá aviso de “Lista de Espera”.
Máis información na páxina web municipal, teléfono de atención cidadá 010, nos centros deportivos municipais, e nas entidades deportivas.
DATAS E HORAS DE CELEBRACIÓN:
Mércores 20 de Maio de 20:00 a 22:00h
Xoves 21 de Maio de 20:00 a 22:00h
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Centro Cívico Municipal Os Mallos. Avd. Arteixo 147. A Coruña
ccosmallos@coruna.es
DIRIXIDO A
Dirixentes de clubes deportivos, asociacións de deportivas, xestores deportivos e outas persoas relacionadas coa xestión deportiva.
PROGRAMA DAS XORNADAS
MÉRCORES 20 MAIO
20:00 Acto de Apertura das Xornadas, por D. Xoán X. Martínez Cajigal, Concelleiro Delegado de Deportes do Concello da Coruña
20:15 1ª Ponencia: Guía Normativa da Xestión Deportiva, D. Eduardo Blanco Pereira, Presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos e Prof. da Facultade de Ciencias do Deporte e a A.F.
21:00 Descanso.
21:00 2ª Ponencia: As Subvencións Deportivas, por D. David Mateo Quintana, Xefe de Departamento do Servicio Municipal de Deportes do Concello da Coruña.
XOVES 21 MAIO
20:00 1ª Ponencia: O Plan Deporte Local da Coruña, por D. Óscar Carballo Iglesias, Conselleiro Técnico do Concello da Coruña.
20.45 Descanso
21:00 2ª Ponencia: O proxecto deportivo, por D. Eduardo Blanco Pereira, Presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos e Prof. da Facultade de Ciencias do Deporte e a A.F.