
Presentación
A xestión deportiva constitúe unha área de coñecemento no marco das ciencias do deporte que, nos últimos anos, encóntrase nun crecemento progresivo que xera novos postos de traballo no ámbito público e privado. Como noutros sectores, este desempeño profesional require unha actualización permanente que redundará nunha maior calidade na prestación dos servizos deportivos, o que constituíu un dos motivos principais que inspiraron, o 17 de marzo de 1998, o nacemento da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE).
A nosa entidade forma parte da Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España, constituída en 2003 e integrada por outras asociacións autonómicas de Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Castela-A Mancha, Cataluña, Euskadi, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia e Valencia. A finalidade é reunir a todos os interesados e profesionais arredor dunha organización representativa, coa capacidade de xerar actividades e servizos que respondan ás necesidades e á defensa dos intereses do sector da xestión deportiva.
Coa celebración do congreso e a asemblea xeral da AGAXEDE en 2008 comeza unha nova etapa co fin de relanzar e consolidar esta organización galega. Sirva como anécdota que «O primeiro congreso sobre xestión do que se teñen noticias foi convocado en 1882 pola Dirección Xeral de Correos de Alemaña. O tema da reunión –á que só foron invitados directores xerais– era como non ter medo do teléfono. Non acudiu ninguén. Os invitados sentíranse insultados. A idea de que eles fosen usar o teléfono era impensable. O teléfono era para os subalternos», segundo refire Peter Drücker. E aínda que somos conscientes das dificultades e do esforzo que temos por diante, confiamos en que o I Congreso Galego de Xestores Deportivos teña máis éxito que o referido evento.
Data: 29 de marzo de 2008
Lugar: Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, sito en R/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n. San Lázaro 15707.
Comité organizador y cientifico
Eduardo Blanco (Presidente)
Miguel Juane (Vicepresidente)
Jesús Rodríguez (Área de Secretaría)
Fernando Agulló (Área Económica)
José Luis Salvador (Área Científica)
Vicente Gambau (Área de Comunicación)
José Garrote (Área de Voluntarios)
Juan Garabato (Área de Control de Sala)
Miguel Sánchez e Emilio Barral (Área de Relacións Públicas)
José Luis Salvador Alonso (Presidente)
Vicente Gambau i Pinasa e Fernando Agulló Leal da Universidade da Coruña
Manuel Hernández Vázquez e Antonio Campos Izquierdo da Universidade Politécnica de Madrid
Luis Antolín Jimeno e Vicente Añó Sanz da Universidade de Valencia
Programa
09.30 - Recepción e inscricións
10.00 - Apertura oficial
10.30 - 1º Relatorio: O sistema deportivo galego D. Javier Rico Díaz (Xerente da Fundación Deporte Galego)
11.00 - 2º Relatorio: Análise e propostas sobre a Xestión Pública do deporte galego D. José Ángel Otero Lamas (Xefe do Servicio Deportivo do Concello de Vigo)
11.45 - Pausa
12.15 - Comunicacións
13.30 - Presentación do proxecto de futuro da AGAXEDE e do manifesto Por unha xestión deportiva para os cidadáns D. Eduardo Blanco Pereira (Presidente da AGAXEDE)
14.30 - Comida*
16.00 - 3º Relatorio: Presente e futuro das empresas de servizos deportivos en Galicia D. Braulio González Valeiro (Xerente da empresa Sidecu)
16.45 - 4º Relatorio: Problemática e necesidades do asociacionismo deportivo galego Doctor D. Vicente Gambau i Pinasa (Presidente do COLEF de Galicia)
17.30 - Clausura oficial
* Existe un menú de 12€ no restaurante do Palacio de Congresos
Asembleas da AGAXEDE
18.00 - Asemblea Xeral extraordinaria
18.30 - Asemblea Xeral ordinaria
Memoria do I Congreso Galego de Xestión Deportiva
1º Relatorio: O sistema deportivo galego. Autor: Javier Rico Díaz (Descargar PDF aquí)
2º Relatorio: Análise e propostas sobre a Xestión Pública do deporte galego. Autor: José Ángel Otero Lamas (Descargar PDF aquí)
3º Relatorio: Presente e futuro das empresas de servicios deportivos en Galicia. Autor: Braulio González Valeiro (Descargar PDF aquí)
4º Relatorio: Problemática e necesidade do asociacionismo deportivo galego. Autor: Vicente Gambau i Pinasa (Descargar PDF aquí)
- COMUNICACIÓN DE FUNDACIÓN RED DEPORTE Y COOPERACIÓN. Autor: Carlos de Cárcer (Descargar PDF aquí)
- SITUACIÓN LABORAL DE LOS LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA. Autores: José Luis Salvador Alonso, Jorge González Ledo (Descargar PDF aquí)
- PROBLEMATICA DA XESTIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL (Descargar PDF aquí)
- LA GENERACIÓN DE AUTOEMPLEO A TRAVÉS DEL PROJECT MANAGEMENT. Autores: Virginia Serrano Gómez, Óscar García García (Descargar PDF aquí)
- ANÁLESE COMPARADO DA PROPOSTA NORMATIVA SOBRE ORDENACIÓN DO EXERCICIO DAS PROFESIÓNS DO DEPORTE. Autores: Fernandez e Gambau (Descargar POWERPOINT aquí)
|