Martes - 22.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
PUBLICACIÓNS
Formación
Finalizada Finalizada
4 Congreso AGAXEDE
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

II Congreso Galego de Xestores Deportivos. 2009

Presentación

A xestión deportiva constitúe unha área de coñecemento no marco das ciencias do deporte que, nos últimos anos, encóntrase nun crecemento progresivo que xera novos postos de traballo no ámbito público e privado.

Como noutros sectores, este desempeño profesional require unha actualización permanente que redundará nunha maior calidade na prestación dos servizos deportivos.

A Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), fundada o 17 de marzo de 1998, te como finalidade reunir a todos os interesados e profesionáis ao redor dunha organización representativa con capacidade para poñer en marcha actividades e servizos que respondan ás necesidades e á defensa dos intereses do sector da xestión deportiva.

Coa celebración do II Congreso e a Asembela xerla de AGAXEDE en 2009, continúa o esforzo por relanzar e consolidar esta organización galega.

(Descargar tríptico en PDF aquí)


Data: 14 de febreiro de 2009

Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. Avda, Che Guevara 121, Bastiagueiro - Oleiros (A Coruña).


Comité organizador e científico

  • Comité Organizador

Eduardo Blanco (Presidente)

José Garrote (Coordinador Xeral)

Jesús Rodríguez (Área de Secretaría)

Virginia Serrano (ÁreaEconómica)

José Luís Salvador (Área Científica)

Vicente Gambau (Área de Comunicación)

Iván Núñez (Área de Control de Sala)

Isabel Rodríguez (Área de Relacións Públicas).

  • Comité Científico

José Luis Salvador Alonso (Presidente)

Vicente Gambau Pinasa e Fernando Agulló Leal da Universidade da Coruña

Manuel Hernández Vázquez e Antonio Campos Izquierdo da Universidade Politécnica de Madrid

Luis Antolín Jimeno e Vicente Añó Sanz da Universidade de Valencia.


Presentación de Comunicacións

O Comité Científico do congreso seleccionará oito (8) comunicacións das recibidas ANTES DO 9 DE FEBREIRO, que deberán ser desenvolvidas nun tempo máximo de 15 minutos cada unha, tendo acceso libre ao congreso o autor que realice a exposición pública. A presentación de comunicacións leva implícito que AGAXEDE queda autorizada polos autores a publicalas. Deben enviarse en formato dixital (CD) e impreso, sen límite de extensión, á atención do Prof. José Luis Salvador Alonso, á Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, sita na Avda. Che Guevara, 121. 15179 Oleiros (A Coruña).

Normas

  • Todos os comunicantes deberán ser socios de AGAXEDE.
  • O 9 de febreiro é a data límite para a recepción da comunicación completa.
  • O texto da comunicación deberá estar escrito en letra Arial, tamaño 12 puntos e a dobre espazo.
  • Ademais do título e o nome e breve currículo do autor, a comunicación adxuntarase cun resumo de 10 liñas aproximadamente e a bibliografía empregada.
  • As imaxes e gráficos tamén se presentarán anexos á comunicación, a tamaño real, 300 ppp de resolución e claramente referenciados no texto da comunicación.

Programa

09.30 - Recepción e inscricións.

10.00 - Apertura oficial.

10.30 - 1ª Ponencia: Directrices básicas da xestión deportiva pública. Carlos Delgado Lacoba, Xerente do Servizo de Deportes de San Sebastián de los Reyes.

11.15 - 2ª Ponencia: A responsabilidade civil e penal do xestor deportivo. Santiago López Cuadrado, Director do Multiusos Fontes do Sar.

12.00 - Pausa.

12.30 - Comunicacións ( ver normas).

14.30 - Xantar.

16.00 - 3ª Ponencia: As obrigas fiscais das asociacións deportivas. Juan Ramón Beorlegui Ibars, ex Subdirector General de Inspección do CSD.

16.45 - 4ª Ponencia: As formas de contratación pública aplicadas ao deporte. José Cabrera Domínguez, Director de Organización Administrativa do Cabildo del Hierro.

17.30 - Pausa.

18.00 - Mesa redonda: Problemática da regulación de subvencións.

  • Ángel Cid Manzano [ coordinador ] , Xerente do Servizo de Deportes da Deputación de Ourense.
  • Francisco Cacharro Gosende, Secretario Xeral da Deputación de Ourense.
  • Emilio Barral Fernández, Técnico de Deportes da Deputación de Lugo.
  • José Mª Cabrera Domínguez, Secretario do R.C. Náutico de Las Palmas de Gran Canaria.
  • Juan Ramón Beorlegui Ibars, ex Subdirector General de Inspección do CSD.

19.30 Clausura.

  • Asemblea da AGAXEDE

18.00 - Asemblea Xeral de AGAXEDE


Memoria do II Congreso Galego de Xestión Deportiva

(Descargar PDF aquí)


Outros materiais

    Displays

Bolsa

 

Tarxetas de identificación

ir arriba