|
O presidente da Deputación, José Luis Baltar, inaugurou esta mañá a terceira edición do CURSO PARA XESTORES DE INSTALACIÓNS E SERVICIOS DEPORTIVOS, que se desenvolverá ao longo de duas fins de semana no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
Na inauguración estivo presente tamén o responsable de deportes da Deputación, Angel Cid, o responsable de formación, Carlos Castiñeiras, o concelleiro Bernardino González e o Presidente da Asociación de Xestores Deportivos de Galicia, Eduardo Blanco.
Este curso ten como obxectivo mellorar a cualificación e eficacia dos xestores de instalacións deportivas no eido rural, especialmente nos pequenos concellos da nosa provincia e como docentes hai personalidades deste eido a nivel nacional. Tódolos asistentes defenderon os beneficios dunha boa formación para a súa xestión.


|