Martes - 22.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
Actualidade Actualidade
Actividades formativas
Novas publicacións
Prensa Prensa
Normativas
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Comentarios ao regulamento da FIFA

O próximo 9 de setembro presentarase na capital arxentina, Bos Aires, o libro «COMENTARIOS AL REGLAMENTO FIFA. Con análisis de la Jurisprudencia DRC y TAS», obra de gran interese elaborada por Juan de Dios Crespo Pérez e Ricardo Frega Navia.

 
Juan de Dios Crespo Pérez e Ricardo Frega Navia ofrecen nesta obra, un manual que pretende ser libro de cabeceira para hoxe e para o futuro das regulacións legais e da xurisprudencia do fútbol. Destinado aos estudantes e os xuristas que fixeron do dereito do fútbol a súa profesión mais tamén para calquera persoa próxima a este deporte e que traballe na súa contorna ou que desexe saber máis del, desde unha perspectiva legal. Eminentemente práctico, busca ser un método de axuda, consulta e conexión entre a realidade e a teoría.
 
Juan de Dios Crespo Pérez é avogado, socio director do despacho "Ruiz Huerta & Crespo Sports Lawyers", LL.M. en "International Sports Law" do ISDE e especialista en Dereito Deportivo. É profesor de diversos Masters en todo o mundo e habitual conferenciante en distintas Universidades e foros legais do fútbol. É co-autor de tres libros de dereito deportivo e de numerosos artigos en revistas internacionais.
 
Ricardo Frega Navía é avogado, socio do "Despacho Jurídico Frega Navía y asociados", Doutor Cum Laude en Dereito pola Universidade de Deusto e especialista en Dereito Deportivo. É profesor e conferenciante de dereito do fútbol en universidades e foros oficiais do fútbol. É autor e co-autor de varios libros de dereito deportivo e de numerosos artigos en revistas internacionais, e Vicepresidente da Asociación Latinoamericana de Dereito do Deporte (ALADDE).
ir arriba