PRESENTACIÓN
A evolución e desenvolvemento do ‘feito deportivo’ leva á modificación da estrutura do sistema deportivo e a diversificación das súas organizacións, xurdindo o Xestor Deportivo, como figura profesional diferenciada dos directivos das entidades e os dirixentes políticos que, tamén, realizan xestión deportiva.
Os cambios e o progreso paulatino do propio sistema deportivo xeran unha demanda de información e documentación permanente e a necesidade dunha formación continua do xestor deportivo.
FINALIDADE
A Oficina de Información e Asistencia ao Xestor Deportivo de AGAXEDE pretende proporcionar información, formación e asesoramento aos xestores deportivos, tanto do sector público como privado, co fin de contribuír a mellorar a calidade e excelencia da prestación dos servizos deportivos en Galicia.
ÁMBITOS DE CONSULTA
• Información e asistencia deportiva
- Aspectos técnico-deportivos
- Deseños de instalacións deportivas
- Selección de equipamentos e material
- Programas de actividades e servizos
• Información e asistencia en planificación
- Estudos de mercado
- Plans de viabilidade
- Definición de persoais e perfís profesionais
- Selección e formación de persoal
• Información e asistencia xurídica
- Laboral
- Contable
- Fiscal
- Administrativa
• Outras consultas
NIVEIS DE ASISTENCIA OU CONSULTA
• Asistencia «simple» a demandas de información, consultoría sinxela ou problemas formulados polos socios, que se poden resolver mediante unha resposta rápida (vía «en liña», telefónica ou presencial), de forma gratuíta.
• Asistencia «integral» a consultas complexas cuxa resposta require unha maior elaboración ou o encargo de informes ou estudos concretos que leva dedicar tempo e medios precisos para a súa realización. Este traballo de asistencia e consultoría aberta a entidades, esixe o pago dunha tarifa a convir, segundo cada caso.
• Entidades destinatarias:
- As entidades locais (municipios e deputacións) e outras entidades instrumentais como consorcios, mancomunidades, etc.
- A administración deportiva autonómica e entes públicos.
- Federacións, clubs e demais asociacións de carácter deportivo
- Fundacións deportivas.
- Ximnasios e demais empresas de servizos deportivos.
- Outras entidades como centros de ensino, universidades, etc.
OUTROS OBXECTIVOS
- Servir de ferramenta de consulta e asesoramento independente e obxectivo, en todo aquilo que teña relación coa xestión deportiva, tanto no sector público como privado.
- Participar, cando sexa requirido, nos órganos consultivos das administracións públicas e en calquera outro foro institucional do ámbito deportivo.
- Crear un arquivo documental de información e consulta, en calquera área de coñecemento de aplicación que poida contribuír á excelencia da xestión deportiva.
- Xerar as bases de datos que se precisen para coñecer e analizar con rigor o sistema deportivo galego, especialmente en canto refírase á xestión deportiva.
...
BAIXAR TRÍPTICO INFORMATIVO EN PDF
|