Entrevista soci@ do mes - Xullo 2011

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Sí.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- D.Eduardo Blanco, ao que admiro e respeto, faloume da importacia da Asociación e os fines que tiña, e non o pensei dúas veces.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Son 'Xoan Palomo' (eu o guiso eu o como): son asesor, organizador, promotor, mach maker, manager, entrenador, etc... do mundo do Boxeo, Kick Boxing, en xeral dos deportes de contacto.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- O bo asesoramento á hora de levar un club. Nós, os profesionais do deporte, ás veces voltámonos tolos cos trámites administrativos, subvencións, impostos etc...
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Sí, xa era hora de que os profesionais fixéramos algo para facer valer os nosos dereitos e tamén para que, os que veñen detrás, teñan un sitio onde os axuden, poidan facer consultas e non vaian dando paos de cego como fumos nós hai máis de 20 anos.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- De momento pouco porque os que comenzamos hai moito tempo tivemos que loitar sós e agora máis menos sabemos o que temos que facer, non obstante agora o teño máis doado: caquera dúbida que teño, chamo a Asociación e asesóramme de xeito correcto, e iso vale moito.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Ter unha Asociación máis grande con varios departamentos e que cada cada un sexa o mais profesional posible no seu campo, así poderíamos atender a máis socios e dar unha infomación máis concreta en cada caso.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Non moito polo meu modo de vida, viaxo moito, pero na medida que me é posible sempre estou en contacto sobre todo coa xente de deportes parellos.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- É necesario para calquera que desexe levar unha asociación, club, ou empresa adicada ao deporte, estar dentro da asociación e ademais sempre que esté ao mando un gran profesional como é o profesor D.Eduardo Blanco, é uhna auténtica garantía para calquera tipo de asesoramento no referido á xestión deportiva.