Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

José Manuel Pérez Otero

ver las estadisticas del contenido

Entrevista soci@ do mes - Outubro 2011

José Manuel Pérez Otero
Ourense, 04/09/1963
Técnico Deportivo Superior (Balonmano)

CURRíCULO

  • Director do Servizo Municipal de Deportes/Concello Ribadavia (Ourense) – 1988-2011
  • Directivo Agrupación Deportiva Escolar “O Ribeiro” . 1989-2011
  • Membro comité provincial deporte en idade escolar . 1999-2011
  • Colaborou como membro das comisións técnicas de deportes da Excma. Deputación de Ourense. 2005-2011
  • Directivo Federación Galega de Balonmán. 2006-2011

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

- Sou sócio de Agaxede prácticamente dende a sua constitución -¿1998?-, inda que por desgracia, despois dos  primeiros anos Agaxede deixou de ter actividade como asociación.

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

- Decido formar parte de Agaxede póla miña relación co presidente naqueles intres, José Angel Otero Lamas, de tipo profesional, Angel no Instituto Municipal de Deportes de Vigo e eu no Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia.

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

- Sou Director do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia dendê o ano 1988, os primeiros anos de xeito interino e a dende o 1997 ca praza en propiedade.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?

- Pola idiosincrasia do servizo e tratandose da administración local, creo que o mais importante e o trato directo cós usuários diste servizo, tanto sexan cidadans que acuden as instalacións deportiva demandando un servizo concreto ou entidades organizadas: clubes, federacións, ANPAS, AAVV, etc.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?

- Imprescindible. Entendo que todo colectivo debe tentar asociarse non so porque iso reforza e dignifica niste caso a nosa profesión de xestor deportivo, senon porque asemade iso nos vai a permitir ter un nexo de unión onde trasladar e canalizar as nosas inquedanzas , redundando nuhn enriquecemento tanto persoal como o colectivo.

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

- Asesoramento técnico principalmente. E moi importante que Agaxede poida brindarnos asesoramento técnico e xurido, xá que como xestores no dia a dia se nos poden plantexar situacións onde a nosa formación, pode non estar a altura para dar a solución mais axeitada. Por poñer un exemplo no 2010 O Concello de Ribadavia forma parte dun programa da Deputación de Ourense para a construción de campos de futbol de herba artificial, vendome na necesidade de informar o meu concelleiro de aspectos técnicos sobre a construción distes equipamentos que descoñecia,  solicito a Agaxede asesoramento técnico nesta matéria, que me resulta de moita utilidade.

7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?

- Mais que pedirlle a Asociación , que, creo esta a facer un esforzo importante póla nosa profesión , demandaria dos profesionais da xestión deportiva en Galicia um esforzo mais para achegarse e formar parte de Agaxede , porque iso nos vai axudar a abrir camiño mais sinxelamente.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?

- Si , non ca asiduidade que me gustaria, principalmente cós do meu entorno.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

- Creo que debemos estar todos , casi me atreveria a decir como obriga.

20/10/2011 ir arriba