
|

 |
|
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
 |
 Belia Méndez Rial
Entrevista soci@ do mes - Abril 2012

Belia Méndez Rial
FORMACIÓN
- Doutora pola Universidade de Vigo.
- Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade de A Coruña.
- Máster en Xestión e Dirección de Entidades Deportivas pola Universidade de Vigo.
- Postgrado en Expresión Artística e Danza pola Universidade de A Coruña e a Facultade de Motricidade Humana de Lisboa.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Directora do Instituto Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra.
- Xerente do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividad Física e o Deporte de Galicia (COLEF-Galicia) donde exerceu tamén labores administrativas e de xestión.
- Docente na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra (Universidad de Vigo), en másters, actividades formativas e relatora en congresos.
- Coordinadora e instructora-educadora en entidades públicas e privadas.
- Participante na organización de eventos deportivos varios coma: Campionato de España de Tenis de Mesa; Campionato de Europa de Tríatlon ou Mundial de Hockey a Patíns.
- Adestradora e xuíz de Ximnasia Rítmica.
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Si, aproximadamente no 2007 pola miña vinculación laboral co Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e o Deporte de Galicia e pola relación profesional con diferentes Xestores do Deporte da Comunidade Autónoma Galega.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Para contribuir a manter as estructuras deportivas encargadas, neste caso, do fomento e desenvolvemento dunha Xestión Deportiva sostible e de calidade na Comunidade Autónoma Galega. Para fomentar o asociacionismo e retomar o contacto cos actuais profesionais da Xestión do Deporte.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Actividad docente, investigadora, asesoramento e xestión.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- En xeral, na Xestión Deportiva considero primordial:
- Formarse, documentarse e ter unha perspectiva de adaptación e mellora contínua.
- Coñecer a realidade da Xestión Deportiva. Ter un enfoque sectorial pero tamén global, multidisciplinar e multisectorial.
- Planificar a corto, medio e largo plazo.
- Xestionar a diferentes niveis (recursos humans, actividades/servicios, recursos económicos, recursos materiais, recursos tecnolóxicos, marketing, comunicación, alianzas, habilidades persoais,...).
- Reflexionar, avaliar, verificar e reaxustar constantemente.
- Desenvolver habilidades de dirección e liderazgo.
- Comprometerse coa misión da entidade e/ou traballo, respetando a deontoloxía profesional.
- Traballar con optimismo, entusiasmo, satisfacción e motivación.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Sí. Entre outros motivos para que:
- Exista una institución de referencia en Galicia na Xestión do Deporte.
- Englobe aos responsables da Xestión do Deportiva.
- Sexa un referente informativo e documental.
- Oriente aos novos e futuros Xestores Deportivos así coma outros interesados.
- Asesore e/ou asista as institucións, entidades ou profesionais que o precisen.
- Contribúa a xerar máis e mellor Xestión do Deporte en Galicia.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Actividades formativas. Un lugar de encontró con outros profesionais da xestion do deporte. Unha organización dinámica e referente na xestión do deporte en Galicia.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Nun futuro a asociación lle pediría:
- Continúe facendo o que xa fai: actividades formativas, premios, colaboración institucional, etc.
- Potencia o asociacionismo dos implicados na Xestión do Deporte (Captación de socios).
- Loite por consolidar e mellorar a súa estructura para seguir sendo unha entidade de referencia na Xestión do Deporte.
- Mellore a comunicación e difusión da sua actividade (Marketing e Comunicación).
- Xere contactos, unidade e coordinación entre os socios existentes (Dinamización social).
- Traballe por contribuir a ter en Galicia profesionais que desenvolvan unha Xestión Deportiva Galega de Calidade.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Si, con algúns. Gustaríame que existirá máis contacto.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Si, a todas aquelas persoas, independentemente da súa formación e ocupación laboral, que teñan vinculación directa e/ou indirecta coa Xestión do Deporte.
(16/04/2012) - 74 visitas -
|
 |
 |
 Saleta-Azalea Goberna Pérez
Entrevista soci@ do mes - Febreiro 2012

Saleta-Zalea Goberna Pérez
• Licenciada en Ciencias del Deporte por la Universidad de A Coruña.
• MBA en Gestión Deportiva por la Universidad Europea de Madrid.
• Erasmus en la Universidad de Berlín.
• Despues de varias experiencias como comercial y en el área de Gestión Deportiva, actualmente pone en marcha un proyecto empresarial: Escuela de Negocios del Deporte (ENDE).
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Si, coñecía AGAXEDE, pero despois de licenciarme marchei fóra de Galicia e nunca atopaba o momento para facerme socia, ata que hai un ano voltei e decidín que tiña que formar parte dunha gran asociación coma esta.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Decido facerme socia grazas a Eduardo Blanco, Pepe Garrote e “Nini”, que dende que os coñecín na miña época estudantil, inculcáronme a necesidade do asocicionismo, do recoñecemento dos xestores galegos do deporte, a pasión pola organización deportiva e cultural… E de que mellor xeito que de estar en contacto con todos estos profesionais que formando parte deste ente.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Actualmente formo parte dun proxecto empresarial chamado “Escuela de Negocios del Deporte”, é unha escola de negocios que se adica única e exclusivamente ao deporte, á formación de profesionais da xestión e dos ámbitos do deporte en xeral.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Eu son das que considera moi importante a planificación, o bo diseño de tódolos factores para poder conseguir os obxectivos marcados. Tamén creo que é moi importante o Marketing, a boa elección das actividades que utilicemos para lograr con beneficio a satisfacción dos nosos consumidores ou clientes.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Creo que é moi importante que os profesionáis dun ámbito coma o noso, pouco profesionalizado, na miña humilde opinión, debe estar unido para facerse forte.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Moita información sobre a actualidade do noso entorno.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Que segan aportando e informando coma o están a facer.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Grazas a AGAXEDE, ás atividades que organiza, estou a coñecer a moitos profesionais e compañeiros de profesión.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Sen dúbida.
(01/02/2012) - 86 visitas -
|
 |
 |
 Amador Trillo
Entrevista soci@ do mes - Decembro 2011

Amador Trillo
Gerente Farmadismo, S.L.
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Si, xa sabía da súa existencia.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Hai anos que dirixo un ximnasio e esta asociación dispón de servizos e actividades que supoñen un apoio para o desenvolvemento do meu negocio.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Dirixo un ximnasio de fitnes e un clube deportivo de Judo.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Ofrecer aos meus clientes un entorno atractivo para a súa formación física e de ocio.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Si, por suposto, xa que existen moitas facetas que non abrango e para as que esta asociación me ofrece solucións axeitadas.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Información documental, formación deportiva e apoio en xeral.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Que continúe coa súa labor de cara á xestión deportiva.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Si, algúns deles mesmo son grandes amigos meus.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Rotundamente si. É un paso que lles recomendaría dar para sacar o maior rendimento o desenvolvemento da súa actividade profesional. Por outra banda, constitue unha oportunidades para poder compartir cos demáis as nosas experiencias e así obtermos proveito tódolos que nos movemos neste “mundo”.
(12/12/2011) - 72 visitas -
|
 |
 |
 Xosé Antón Pedrido Fernández
Entrevista soci@ do mes - Novembro 2011

Xosé Antón Pedrido Fernández
Vigo, 17/07/1974
FORMACIÓN
- Diplomatura mestre en educación física pola escola de formación do profesorado de Pontevedra Universidade de Vigo.
- Estudos Licenciatura cc da actividade física e dos deportes. (EC)
- Técnico deportivo fútbol (Grado Medio).
- Director actividades de tempo libre, pola consellería de familia e promoción do emprego, muller e xuventude 2000.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Maestro de Educación física no colexio mercantil.
- Monitor-técnico deportes Concello de Gondomar.
- Entrenador Campus F.C. Barcelona.
- Técnico deportivo categorías inferiores do R.C. Celta de Vigo, 2000-2005.
- Técnico deportivo Campus de fútbol R.C. Celta de Vigo, 2000-2004.
- Técnico federación galega de fútbol 2007-…
- Coordinador preparadores físicos e Técnico deportivo (adestrador) da UVCD Candeán de fútbol 2005-07.
- Monitor escola de fútbol de clube deportivo ourense 1998.
- Técnico en salvamento acuático e socorrismo na piscina municipal do concello de Pantón (1995/1998).
- Monitor de natación na piscina municipal do concello de Pantón (1995/1998),
- Monitor de natación no centro deportivo squash arenal vigo, (2001 /2002).
- Monitor campamento de verán organizado pola asociación de pais de alumnos da escola pública “Monte Baliño”, no concello de Pantón (1998/2000).
- Director campamento de verán organizado pola asociación .
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Coñecín AGAXEDE durante una conversa con Eduardo Blanco no INEF, que me explicou que estaban a traballar na recuperación dunha asociación que se preocupase de aglutinar os intereses e necesidades de todas aquelas persoas que dunha ou outra maneira se adicaran a construir Galicia dende o ámbito do deporte..
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Neses intres eu estaba a aterrar no ámbito da xestión municipal. Dende ben novo tiven sempre unha tendencia a organizar e participar en actividades sociais, pero este novo reto requería algo máis que vontade, necesitaba optimizar coñecementos, recursos,… e sobre todo, moita creatividade, posto que os recursos económicos eran reducidos. Nese intre considerei que esta asociación podería axudarme a orientar as miñas dúbidas e inquedanzas, para deste xeito mellorar a miña formación. E así foi. Emprego AGAXEDE como plataforma para coñecer cursos, congresos, masters,… para seguir formándome. Así como coñecer e compartir traballos con outros compañeiros da asociación.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Neste intre compaxiño o ámbito municipal e a docencia. Se ben pseudoprofesionalmente continúo a colaborar con entidades do ámbito do fútbol, e desenvolvendo proxectos artísticos, así como a recuperar unha tradición familiar que coa emigración quedou interrumpida; a adega e o viño na Ribeira Sacra do meu bisavó. O certo é que, as veces, penso que debo de centrarme só en unha de elas, pero resulta moi difícil desvincularse de algún destes ámbitos do deporte ou da vida que tanto me levan aportado.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Todo é primordial, pero todo pode ser prescindible. Explícome: cando chegas a unha institución de ámbito público ou privado, o primeiro que fas é unha radiografía de cómo está organizada e a que elementos do mundo do deporte atende, con independencia da “rumoroloxía”, e como non, da situación financieira. A partir de ahí, fas un plan de traballo no que intentas integrar ao maior número de persoas, asociacións,… coas que construir un equipo de traballo. Unha vez conseguido esto, “calquera é prescindible”. Estou plenamente convencido que a miña función é a de provocar e estimular as persoas e asociación,… para que eles sexan os verdadeiros constructores e protagonistas da promoción dos deportes e da vida saúdable.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Se non fose así, non sería socio. O motivo, como xa citei antes, no meu caso é por un interés, neste intre, de actualización da miña formación. Pero, como se está a demostrar durante o tempo de vida desta asociación, AGAXEDE está a aglutinar a “persoas, institucións, proxectos,…” que están a propiciar unha visualización do xestor deportivo así como das entidades que lideran, que ata entón non tiñan o recoñecemento que están a ter nestes intres. Do mesmo xeito, AGAXEDE estase a converter nun foro aberto para mellorar a xestión do deporte.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Un espacio para aprender e compartir coñecemento e ideas. Acaso hai algo máis satisfactorio que recibir ou dar axuda cando esta é necesaria?
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Que se consolide. Sobre todo porque se ben todos os socios temos esta responsabilidade, así como unha xunta directiva altamente cualificada, sempre me pregunto que pasará se Eduardo Blanco Pereira decice tomarse un descanso no seu liderazgo neste proxecto.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Con bastantes. Por certo, dos que aprendo moitísimo.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Despóis de todo o dito, habería espacio para outra resposta que non sexa afirmativa?
(03/11/2011) - 68 visitas -
|
 |
 |
 José Manuel Pérez Otero
Entrevista soci@ do mes - Outubro 2011

José Manuel Pérez Otero
Ourense, 04/09/1963
Técnico Deportivo Superior (Balonmano)
CURRíCULO
- Director do Servizo Municipal de Deportes/Concello Ribadavia (Ourense) – 1988-2011
- Directivo Agrupación Deportiva Escolar “O Ribeiro” . 1989-2011
- Membro comité provincial deporte en idade escolar . 1999-2011
- Colaborou como membro das comisións técnicas de deportes da Excma. Deputación de Ourense. 2005-2011
- Directivo Federación Galega de Balonmán. 2006-2011
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Sou sócio de Agaxede prácticamente dende a sua constitución -¿1998?-, inda que por desgracia, despois dos primeiros anos Agaxede deixou de ter actividade como asociación.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Decido formar parte de Agaxede póla miña relación co presidente naqueles intres, José Angel Otero Lamas, de tipo profesional, Angel no Instituto Municipal de Deportes de Vigo e eu no Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Sou Director do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia dendê o ano 1988, os primeiros anos de xeito interino e a dende o 1997 ca praza en propiedade.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Pola idiosincrasia do servizo e tratandose da administración local, creo que o mais importante e o trato directo cós usuários diste servizo, tanto sexan cidadans que acuden as instalacións deportiva demandando un servizo concreto ou entidades organizadas: clubes, federacións, ANPAS, AAVV, etc.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Imprescindible. Entendo que todo colectivo debe tentar asociarse non so porque iso reforza e dignifica niste caso a nosa profesión de xestor deportivo, senon porque asemade iso nos vai a permitir ter un nexo de unión onde trasladar e canalizar as nosas inquedanzas , redundando nuhn enriquecemento tanto persoal como o colectivo.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Asesoramento técnico principalmente. E moi importante que Agaxede poida brindarnos asesoramento técnico e xurido, xá que como xestores no dia a dia se nos poden plantexar situacións onde a nosa formación, pode non estar a altura para dar a solución mais axeitada. Por poñer un exemplo no 2010 O Concello de Ribadavia forma parte dun programa da Deputación de Ourense para a construción de campos de futbol de herba artificial, vendome na necesidade de informar o meu concelleiro de aspectos técnicos sobre a construción distes equipamentos que descoñecia, solicito a Agaxede asesoramento técnico nesta matéria, que me resulta de moita utilidade.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Mais que pedirlle a Asociación , que, creo esta a facer un esforzo importante póla nosa profesión , demandaria dos profesionais da xestión deportiva en Galicia um esforzo mais para achegarse e formar parte de Agaxede , porque iso nos vai axudar a abrir camiño mais sinxelamente.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Si , non ca asiduidade que me gustaria, principalmente cós do meu entorno.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Creo que debemos estar todos , casi me atreveria a decir como obriga.
(20/10/2011) - 120 visitas -
|
 |
 |
 Raimundo Fernández Fernández
Entrevista soci@ do mes - Setembro 2011

FORMACIÓN
- Licenciado en Educación Física y Deportes, con Maestría en Atletismo (A Coruña, 1998)
- Posgraduado Experto Universitario Europeo en Discapacidades (UNED, 2005)
- Posgraduado en Dirección y Gestión de Instalaciones Deportivas (Fundación San Valero, 2009)
- Coordinador Sección de Atletismo en la Universidad de A Coruña (1997 a 2003)
- Asesor Técnico del Servicio Municipal de Deportes de A Coruña (desde 2003)
MÉRITOS DEPORTIVOS
- Campeón de España Absoluto de Lanzamiento de Jabalina (Gandía 93 y Málaga 96)
- 9 veces medallista en Campeonatos de España Absolutos
- 14 veces Campeón de Liga Nacional de Clubes de División de Honor
- Bronce en Copa de Europa de Clubes (Atenas 99)
- 6º en Juegos del Mediterráneo (Bari 97)
- Mundialista Universitario (Bufalo 93 y Sicilia 97)
- Subcampeón del Mundo Veterano Categoría M40 (Sacramento 2011)
- Premio “Mejor Trayectoria Deportiva” del Excmo. Ayuntamiento de A Coruña (2011)
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- No. Fue en noviembre de 2008, cuándo durante la apertura de unas Jornadas de Formación en Gestión Deportiva, y de boca de su propio presidente, escucho por primera vez de la existencia de esta asociación de ámbito autonómico.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Yo llevaba poco tiempo inmerso en el ámbito profesional de la gestión deportiva, y formar parte de AGAXEDE, me pareció una gran oportunidad de información, formación y asesoramiento, así como de pertenecer a un foro permanente dónde interactuar y compartir experiencias, tanto de la gestión pública como privada, de servicios deportivos.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Actualmente desempeño funciones de asesoría técnica y colaboración en los procesos de planificación, ejecución y control de proyectos del Servicio Municipal de Deportes del Excmo. Ayuntamiento de A Coruña.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Trabajando para un servicio deportivo municipal, como administración deportiva pública más cercana a los ciudadanos, y como catalizador y principal responsable del sistema deportivo local, se debe de responder, a menudo con menos recursos de los deseados, a la demanda en materia deportiva de todo el vecindario.
Para ello, el uso eficiente y responsable de todos los recursos, se hace ineludible a la hora de afrontar la planificación estratégica de programas deportivos municipales.
En este sentido, tareas de diseño y ejecución de programas y proyectos deportivos, se deberán de apoyar siempre en tareas de control y evaluación de los servicios prestados, buscando indicadores de gestión administrativa y técnica válidos, que, caminando hacia un servicio deportivo municipal de calidad, sirvan de herramienta para optimizar el nivel de satisfacción de los usuarios.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Sin duda. La constante evolución del sistema deportivo justifica el objeto social de AGAXEDE, como colectivo activo en busca de una gestión deportiva en nuestra Comunidad de calidad.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- De AGAXEDE he aprovechado la completa información que ofrece su página web, en constante actualización, así como la asistencia a cursos y congresos que organiza o en los que colabora, si bien soy consciente de que la asociación también me ofrece otros importantes servicios, como la oficina de atención al gestor.
Otro aspecto significativo, es la propia conciencia de pertenencia a un colectivo profesional con el que poder interactuar, con opiniones que en ocasiones pueden ser diferentes, pero con intereses, metas y una finalidad común.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Para el crecimiento y la obtención de una mayor presencia del colectivo en la sociedad, pienso que sería fundamental tanto la labor de captación de nuevos asociados, extendiendo las redes sobre cualquier profesional de la gestión deportiva pública o privada, como una mayor implicación de los ya existentes. Así mismo, y en este sentido, pienso que sería importante promover la identificación y definición de mínimos exigibles para una cualificación profesional de gestor deportivo.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Con algunos. La mayoría de las veces en mesas de trabajo, congresos o acciones de formación. Conseguir la participación activa de los asociados, vendría a facilitar el encuentro e interrelación entre todos. En este aspecto, y a pesar de seguir de cerca la actividad que ofrece la asociación, debo entonar un poco el “mea culpa” por no saber sacar tiempo para participar más de AGAXEDE.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Se lo recomendaría, y se lo recomiendo. La fuerza de una asociación está en la capacidad y el compromiso de sus asociados, por ello, cuantos más y mejor formados, mayor peso tendrá AGAXEDE en la sociedad.
(08/09/2011) - 112 visitas -
|
 |
 |
 Chano Planas
Entrevista soci@ do mes - Xullo 2011

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Sí.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- D.Eduardo Blanco, ao que admiro e respeto, faloume da importacia da Asociación e os fines que tiña, e non o pensei dúas veces.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Son 'Xoan Palomo' (eu o guiso eu o como): son asesor, organizador, promotor, mach maker, manager, entrenador, etc... do mundo do Boxeo, Kick Boxing, en xeral dos deportes de contacto.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- O bo asesoramento á hora de levar un club. Nós, os profesionais do deporte, ás veces voltámonos tolos cos trámites administrativos, subvencións, impostos etc...
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Sí, xa era hora de que os profesionais fixéramos algo para facer valer os nosos dereitos e tamén para que, os que veñen detrás, teñan un sitio onde os axuden, poidan facer consultas e non vaian dando paos de cego como fumos nós hai máis de 20 anos.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- De momento pouco porque os que comenzamos hai moito tempo tivemos que loitar sós e agora máis menos sabemos o que temos que facer, non obstante agora o teño máis doado: caquera dúbida que teño, chamo a Asociación e asesóramme de xeito correcto, e iso vale moito.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Ter unha Asociación máis grande con varios departamentos e que cada cada un sexa o mais profesional posible no seu campo, así poderíamos atender a máis socios e dar unha infomación máis concreta en cada caso.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Non moito polo meu modo de vida, viaxo moito, pero na medida que me é posible sempre estou en contacto sobre todo coa xente de deportes parellos.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- É necesario para calquera que desexe levar unha asociación, club, ou empresa adicada ao deporte, estar dentro da asociación e ademais sempre que esté ao mando un gran profesional como é o profesor D.Eduardo Blanco, é uhna auténtica garantía para calquera tipo de asesoramento no referido á xestión deportiva.
(01/07/2011) - 163 visitas -
|
 |
 |
 José Vázquez Tato
Entrevista soci@ do mes - Xuño 2011

Non se cansa de repetir que "é quen é, gracias á familia na que se formou e á familia que ten formado". Se considera un privilexiado porque os seus conciudadanos, en forma de impostos, pagan o maior dos seus vicios: aprender. Intenta devolver este favor, aprendendo ós demais. O ven facendo dende fai trinta e tres aoos na Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, na súa calidade de Catedrático de Química Física. É coautor de máis de oitenta artígos de investigación, publicados en revistas internacionais de química. A súa investigación se enmarca nos ámbitos da Química supramolecular e da Fisicoquímica de coloides.
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- José Manuel, xerente do Club Fluvial de Lugo, tíñame informado de que membro da asociación.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- O noso presidente, Eduardo Blanco, mais eu, fumos compañeiros de estudios no colexio Grande Obra de Atocha en A Coruña, cando ainda apenas sabíamos falar. Afortunadamente, ainda nos une unha boa amistade. Chamoume e o resultado é que fíxenme socio.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Profesionalmente son Catedrático de Química Física na Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo. Algo bastante lonxe do deporte. A miña relación co deporte débese a que nos derradeiros dez anos ostento a vicepresidencia do Club Fluvial de Lugo.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Para que calquera institución é primordial ter unha economía saneada que permita plantexar retos de futuro, non importando o endeudamento sempre que se teña unha potencialidade realista de cumprir cos pagos. Por outra banda, tamén prefiro a xestión dirixida ó fomento do deporte entre os máis pequenos frente á dirixida ó deporte profesional. É unha consecuencia da miña vena docente.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Unha das características españolas é a carencia de asociacionismo. A cooperatividade que representa a pertenza a unha asociación como AGAXEDE asegura que cada un de nos damos como un único individuo, pero recibimos de todos os demáis. O efecto sinérxico deste feito e incuestionable.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Ver outros puntos de vista da xestión deportiva, como por exemplo, dos ámbitos da administración como os concellos ou das federacións dos distintos deportes.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Que non deixe que a semente prantada deixe de fructificar.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Teño contactos a través da Xunta Directiva de AGAXEDE. Tamén manteño frecuentes contactos con outros clubes membros da asociación ACEDYR (Asociación de clubes y entidades deportivas y recreativas) que reune a máis de trinta entidades de toda España, incluindo o Club Fluvial de Lugo.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Entendida a pregunta como referida a directivos de outros clubes, non teño dúbida algunha do sentido afirmativo da miña resposta.
(02/06/2011) - 140 visitas -
|
 |
 |
 Ángel Cid Manzano
Entrevista soci@ do mes - Mayo 2011

- Ángel Cid Manzano (53 años)
- Jefe del Servicio de Deportes de la Diputación de Ourense
- Director del Pazo dos Deportes “Paco Paz”
- Máster en Gestión Deportiva 1992 convocado por la FEMP y la Universidad Carlos III de Madrid
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Pues sí, porque ya tenía conocimiento de su existencia hace años antes de esta nueva etapa con el nuevo equipo directivo.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Como suele pasar en este tipo de Asociaciaciones por una cuestión de empatía y credibilidad en las personas que impulsaron un rumbo nuevo de la Asociación.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Compatibilizo la Jefatura del Servicio de Deportes de la Diputación de Ourense con la dirección del Pazo dos Deportes de Ourense, instalación deportiva que gestiona la institución provincial.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- La más que evidente crisis económica , que nos afecta especialmente tanto en el gasto corriente como en las inversiones, exige, ahora más que nunca, racionalización de los recursos para una mayor eficiencia en la gestión.
- Planificar y programar armonizadamente y en consonancia con el nivel de exigencia en el tiempo que demanda nuestro sistema deportivo.
- Ofertar con calidad, diversidad y seleccionando claramente los sectores y actividades que han de potenciarse desde la administración pública.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Por supuesto. Aunque sea un tópico , es una realidad que la unión hace la fuerza y que las personas que nos dedicamos a gestionar deporte precisamos de un aglutinante , que además de plataforma profesional de defensa de lo nuestro, sirva de lugar de formación, encuentro y acogida.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Muchas cosas. Una espléndida web que se actualiza sistemáticamente y que está cada día más llena de información y de interesantes contenidos. La posilibilidad de consulta profesional a través de la Oficina do Xestor ya sea telefónicamente o a través de la web . El Congreso anual y otros cursos en los que colabora y que son la mejor forma de reciclarse y actualizar conocimientos. Y sobre todo , la constatación de que somos un colectivo profesional con naturaleza y vida propia.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Más de que le pediría yo a la Asociación y parafraseando a Kennedy se me ocurre reflexionar sobre qué podemos hacer y aportar, nosotros, los socios. Quizás el talón de Aquiles de la Asociación, el punto más débil , sea la mayor implicación, exigencia y compromiso de los socios con AGAXEDE.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Pues desafortunadamente no demasiado. No sé que extraña enfermedad nos aqueja a los gestores gallegos que nos cuesta mucho trabajo interrelacionarnos, estar en comunicación, compartir inquietudes. Al hilo de la respuesta anterior, aqui AGAXEDE puede jugar un trabajo muy interesante.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Hay preguntas que no deberían hacerse. Se contestan por sí solas.
(29/04/2011) - 219 visitas -
|
 |
 |
 José Francisco García Bello
Entrevista soci@ do mes - Abril 2011

- N. en Carballo, 1956
- Director Xerente
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Sí, coñecía.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Fun xunto con outros compañeiros membro fundador da asociación e son socio dende a súa constitución.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Son Director-Xerente do Padroado Deportivo Municipal do Concello de Carballo, responsabilidade que veño desempeñando dende o ano 1984.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Eu considero que ninguén dubida que a xestión municipal, cada vez máis, depende das complexas redes de relación que existen entre os diferentes axentes involucrados nos programas de actuación do sistema deportivo local tales como outras administracións, federacións deportivas, clubes, deportistas, empresas, etc. Non obstante, e basándome na propia experiencia de estos últimos anos, considero primordial:
- A labor de administrar os recursos dispoñibles con eficacia e eficiencia, isto tradúcese en control do gasto e reducción do déficit.
- Outra tarefa importante e imprescindible é acometer unha adecuada planificación e non quedarnos sólo en resolver os pequenos problemas cotidiáns que en realidade existen, posiblemente, por non haber planificado no seu momento.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- É obvio que opine que sí porque creo nela e nas persoas que a dirixen.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Aportoume, básicamente, participación, diálogo e intercambio de experiencias con compañeiros de outros servizos deportivos de concellos de diferentes tamaños; esta asociación é un foro de encontro moi interesante.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Neste intre non pediría nada pero aproveito a ocasión que se me brinda para expresar o meu agradecemento á Xunta Directiva polo traballo que estades a facer na realización de actividades que, en maior ou menor medida, nos enriquecen en coñecementos.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Sí, manteño contacto con moitos compañeiros e incluso gozo da amistade dalgúns deles sobre todo dos xestores máis antiguos.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Por suposto, sin dúbida algunha.
(13/04/2011) - 130 visitas -
| |
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
|
|
|

|