Entrevista soci@ do mes - Abril 2011

- N. en Carballo, 1956
- Director Xerente
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- Sí, coñecía.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- Fun xunto con outros compañeiros membro fundador da asociación e son socio dende a súa constitución.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Son Director-Xerente do Padroado Deportivo Municipal do Concello de Carballo, responsabilidade que veño desempeñando dende o ano 1984.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Eu considero que ninguén dubida que a xestión municipal, cada vez máis, depende das complexas redes de relación que existen entre os diferentes axentes involucrados nos programas de actuación do sistema deportivo local tales como outras administracións, federacións deportivas, clubes, deportistas, empresas, etc. Non obstante, e basándome na propia experiencia de estos últimos anos, considero primordial:
- A labor de administrar os recursos dispoñibles con eficacia e eficiencia, isto tradúcese en control do gasto e reducción do déficit.
- Outra tarefa importante e imprescindible é acometer unha adecuada planificación e non quedarnos sólo en resolver os pequenos problemas cotidiáns que en realidade existen, posiblemente, por non haber planificado no seu momento.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- É obvio que opine que sí porque creo nela e nas persoas que a dirixen.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Aportoume, básicamente, participación, diálogo e intercambio de experiencias con compañeiros de outros servizos deportivos de concellos de diferentes tamaños; esta asociación é un foro de encontro moi interesante.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Neste intre non pediría nada pero aproveito a ocasión que se me brinda para expresar o meu agradecemento á Xunta Directiva polo traballo que estades a facer na realización de actividades que, en maior ou menor medida, nos enriquecen en coñecementos.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Sí, manteño contacto con moitos compañeiros e incluso gozo da amistade dalgúns deles sobre todo dos xestores máis antiguos.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Por suposto, sin dúbida algunha.
|