Entrevista soci@ do mes - Xuño 2011

Non se cansa de repetir que "é quen é, gracias á familia na que se formou e á familia que ten formado". Se considera un privilexiado porque os seus conciudadanos, en forma de impostos, pagan o maior dos seus vicios: aprender. Intenta devolver este favor, aprendendo ós demais. O ven facendo dende fai trinta e tres aoos na Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, na súa calidade de Catedrático de Química Física. É coautor de máis de oitenta artígos de investigación, publicados en revistas internacionais de química. A súa investigación se enmarca nos ámbitos da Química supramolecular e da Fisicoquímica de coloides.
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
- José Manuel, xerente do Club Fluvial de Lugo, tíñame informado de que membro da asociación.
2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
- O noso presidente, Eduardo Blanco, mais eu, fumos compañeiros de estudios no colexio Grande Obra de Atocha en A Coruña, cando ainda apenas sabíamos falar. Afortunadamente, ainda nos une unha boa amistade. Chamoume e o resultado é que fíxenme socio.
3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
- Profesionalmente son Catedrático de Química Física na Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo. Algo bastante lonxe do deporte. A miña relación co deporte débese a que nos derradeiros dez anos ostento a vicepresidencia do Club Fluvial de Lugo.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
- Para que calquera institución é primordial ter unha economía saneada que permita plantexar retos de futuro, non importando o endeudamento sempre que se teña unha potencialidade realista de cumprir cos pagos. Por outra banda, tamén prefiro a xestión dirixida ó fomento do deporte entre os máis pequenos frente á dirixida ó deporte profesional. É unha consecuencia da miña vena docente.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
- Unha das características españolas é a carencia de asociacionismo. A cooperatividade que representa a pertenza a unha asociación como AGAXEDE asegura que cada un de nos damos como un único individuo, pero recibimos de todos os demáis. O efecto sinérxico deste feito e incuestionable.
6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?
- Ver outros puntos de vista da xestión deportiva, como por exemplo, dos ámbitos da administración como os concellos ou das federacións dos distintos deportes.
7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?
- Que non deixe que a semente prantada deixe de fructificar.
8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?
- Teño contactos a través da Xunta Directiva de AGAXEDE. Tamén manteño frecuentes contactos con outros clubes membros da asociación ACEDYR (Asociación de clubes y entidades deportivas y recreativas) que reune a máis de trinta entidades de toda España, incluindo o Club Fluvial de Lugo.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
- Entendida a pregunta como referida a directivos de outros clubes, non teño dúbida algunha do sentido afirmativo da miña resposta.
|