Sábado - 19.Mayo.2012

articulo importante
logo_trison
Blog do presidente
Área de socios
A Asociación
OFICINA DO XESTOR
SOCIO DO MES
NOTICIAS
PUBLICACIÓNS
Formación
Galería
Contactar
Ligazóns
ENQUISA
OPINA!
FORO
mapa web
banner_fagde

Xosé Antón Pedrido Fernández

ver las estadisticas del contenido

Entrevista soci@ do mes - Novembro 2011

Xosé Antón Pedrido Fernández

Vigo, 17/07/1974

FORMACIÓN

  • Diplomatura mestre en educación física pola escola de formación do profesorado de Pontevedra Universidade de Vigo.
  • Estudos Licenciatura cc da actividade física e dos deportes. (EC)
  • Técnico deportivo fútbol (Grado Medio).
  • Director actividades de tempo libre, pola consellería de familia e promoción do emprego, muller e xuventude 2000.

EXPERIENCIA PROFESIONAL

  • Maestro de Educación física no colexio mercantil.
  • Monitor-técnico deportes Concello de Gondomar.
  • Entrenador Campus F.C. Barcelona.
  • Técnico deportivo categorías inferiores do R.C. Celta de Vigo, 2000-2005.
  • Técnico deportivo Campus de fútbol R.C. Celta de Vigo, 2000-2004.
  • Técnico federación galega de fútbol 2007-…
  • Coordinador preparadores físicos e Técnico deportivo (adestrador) da UVCD Candeán de fútbol 2005-07.
  • Monitor escola de fútbol de clube deportivo ourense 1998.
  • Técnico en salvamento acuático e socorrismo na piscina municipal do concello de Pantón (1995/1998).
  • Monitor de natación na piscina municipal do concello de Pantón (1995/1998),
  • Monitor de natación no centro deportivo squash arenal vigo, (2001 /2002).
  • Monitor campamento de verán organizado pola asociación de pais de alumnos da escola pública “Monte Baliño”, no concello de Pantón (1998/2000).
  • Director campamento de verán organizado pola asociación .

 


1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

- Coñecín AGAXEDE durante una conversa con Eduardo Blanco no INEF, que me explicou que estaban a traballar na recuperación dunha asociación que se preocupase de aglutinar os intereses e necesidades de todas aquelas persoas que dunha ou outra maneira se adicaran a construir Galicia dende o ámbito do deporte..

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

- Neses intres eu estaba a aterrar no ámbito da xestión municipal. Dende ben novo tiven sempre unha tendencia a organizar e participar en actividades sociais, pero este novo reto requería algo máis que vontade, necesitaba optimizar coñecementos, recursos,… e sobre todo, moita creatividade, posto que os recursos económicos eran reducidos. Nese intre considerei que esta asociación podería axudarme a orientar as miñas dúbidas e inquedanzas, para deste xeito mellorar a miña formación. E así foi. Emprego AGAXEDE como plataforma para coñecer cursos, congresos, masters,… para seguir formándome. Así como coñecer e compartir traballos con outros compañeiros da asociación.

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

- Neste intre compaxiño o ámbito municipal e a docencia. Se ben pseudoprofesionalmente continúo a colaborar con entidades do ámbito do fútbol, e desenvolvendo proxectos artísticos, así como a recuperar unha tradición familiar que coa emigración quedou interrumpida; a adega e o viño na Ribeira Sacra do meu bisavó. O certo é que, as veces, penso que debo de centrarme só en unha de elas, pero resulta moi difícil desvincularse de algún destes ámbitos do deporte ou da vida que tanto me levan aportado.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?

- Todo é primordial, pero todo pode ser prescindible. Explícome: cando chegas a unha institución de ámbito público ou privado, o primeiro que fas é unha radiografía de cómo está organizada e a que elementos do mundo do deporte atende, con independencia da “rumoroloxía”, e como non, da situación financieira. A partir de ahí, fas un plan de traballo no que intentas integrar ao maior número de persoas, asociacións,… coas que construir un equipo de traballo. Unha vez conseguido esto, “calquera é prescindible”. Estou plenamente convencido que a miña función é a de provocar e estimular as persoas e asociación,… para que eles sexan os verdadeiros constructores e protagonistas da promoción dos deportes e da vida saúdable.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?

- Se non fose así, non sería socio. O motivo, como xa citei antes, no meu caso é por un interés, neste intre, de actualización da miña formación. Pero, como se está a demostrar durante o tempo de vida desta asociación, AGAXEDE está a aglutinar a “persoas, institucións, proxectos,…” que están a propiciar unha visualización do xestor deportivo así como das entidades que lideran, que ata entón non tiñan o recoñecemento que están a ter nestes intres. Do mesmo xeito, AGAXEDE estase a converter nun foro aberto para mellorar a xestión do deporte.

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

- Un espacio para aprender e compartir coñecemento e ideas. Acaso hai algo máis satisfactorio que recibir ou dar axuda cando esta é necesaria?

7. Que lle pedirías nun futuro á asociación?

- Que se consolide. Sobre todo porque se ben todos os socios temos esta responsabilidade, así como unha xunta directiva altamente cualificada, sempre me pregunto que pasará se Eduardo Blanco Pereira decice tomarse un descanso no seu liderazgo neste proxecto.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da comunidade galega?

- Con bastantes. Por certo, dos que aprendo moitísimo.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

- Despóis de todo o dito, habería espacio para outra resposta que non sexa afirmativa?

03/11/2011 ir arriba